BBVA pechará 132 oficinas en España, 6 delas en Galicia

|

BBVA


BBVA anunciou que pechará 132 oficinas en España en febreiro de 2017 ante o "crecente" uso das canles dixitais e remotas por parte dos clientes. Do total, fontes sindicais informaron a Europa Press que polo menos seis serán clausuradas en Galicia.


A entidade garantiu que as poboacións de máis de 15.000 habitantes contarán con presenza física de BBVA. Con todo, das 15 oficinas de que dispón no territorial noroeste (Galicia, Asturias e Castela e León), a entidade prevé pechar dúas en Vigo, unha en Pontevedra, outra en Santiago, unha en Ferrol e a de Pobra de Brollón (en Lugo).


En concreto, as centrais puideron saber --polos seus propios medios, pois a dirección este venres non achegou datos territorializados-- que pecharán as oficinas da avenida do Alcalde Portanet e de O Berbés en Vigo, de Rosalía de Castro en Pontevedra, Montero Ríos en Santiago e praza de España en Ferrol.


O banco presidido por Francisco González subliñou que as sucursais seguirán xogando un "papel fundamental", aínda que o seu rol "está a cambiar", tendo en conta de que os clientes acoden "cada vez menos" ás oficinas e interactúan máis por canles non presenciais.


BBVA conta en España con 3,7 millóns de clientes dixitais e o 16% das operacións realízanse por esta canle. Ademais, o número de clientes remotos crece de forma exponencial, o que permitiu chegar nun ano a 400.000 usuarios deste perfil.

relacionada ​Los ayuntamientos aprovechan las redes sociales para atender a los ciudadanos
relacionada CaixaBank, Banco del año 2016 en España por la revista británica 'The Banker'

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress