A tese doutoral da historiadora Sheila Fernández achégase ao nacemento da canción protesta en Galicia, marcada polo contexto da ditadura franquista e profundamente influenciada polo modelo catalán da 'Nova Cançó', como se deixa claro no título da tese ‘Galicia ollando a Cataluña: dúas fronteiras do movemento da canción protesta (1968-1980)’.
Achégase o retorno dunha das bandas míticas dos 80 en Galicia, 'Os resentidos' volverán aos escenarios o vindeiro 2 de marzo. Será nun concerto no Teatro Principal de Ourense, no que se grabará un CD-DVD cos temas clásicos e seis cancións inéditas.
O trompeta Esteban Batallán, procedente da localidade de Barro, participará como artista invitado na Première da Primavera 2016 coa Symphony Orchestra of India en Bombay,
A recoñecida fadista de éxito internacional María do Ceo presentou este venres en Santiago o seu último traballo, un disco dobre con 28 cancións titulado 'De Portugal a Galicia'