Viaqua defende coidar da biodiversidade para protexer a nosa saúde

Viaqua .

Durante 2020 Viaqua implantará plans de acción de biodiversidade en instalacións emprazadas en espazos protexidos


VIAQUA

Programa BiOserva Voluntariado



O Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra hoxe, día 5 de xuño, fai un chamamento para que sexamos conscientes da correlación entre cambio climático, biodiversidade e saúde. A actual pandemia, e os episodios climáticos extremos vividos recentemente, son claros exemplos de que é o momento de actuar.


Os ecosistemas sans, nos que hai unha gran diversidade, favorecen un equilibrio entre as especies, evitando o predominio dunha delas e dificultando a propagación de axentes patóxenos como os virus. Ao redor dun millón de especies animais e vexetais, dos oito millóns que existen no planeta, poden desaparecer nos próximos dez anos, segundo Nacións Unidas (ONU). España é o país de Europa con maior porcentaxe de especies ameazadas. E en Galicia son xa 74 as especies en risco de extinción.


Saída ecolóxica da crise sanitaria


A auga, elemento esencial e indispensable para a vida, é fundamental neste propósito.


En Galicia, o compromiso de Viaqua coa biodiversidade queda patente no seu Plan Estratéxico de Desenvolvemento Sostible, RGP 2017-2021. Galicia conta con seis Reservas da Biosfera, que representan o 25% do seu territorio. Polo que a conservación do patrimonio natural está entre os seus obxectivos. Destácase a elaboración de diagnoses de biodiversidade e plans de acción en todas as instalacións emprazadas en espazo protexido Rede Natura 2000, tal como a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Landrove, a Estación de Depuración de Augas Residuais (EDAR) de Betanzos e a EDAR de Valdoviño.


Infraestruturas verdes


Viaqua está transformando as instalacións do ciclo da auga en ‘infraestruturas verdes’ para que sirvan de apoio ao ecosistema no que están localizadas e favorezan os servizos que nos ofrece a natureza. A eliminación do uso de fitosanitarios (actualmente o 75% das súas instalacións xa están libres destes produtos químicos) e o control de especies exóticas invasoras forman parte tamén do seu plan de acción.


Para o control de especies foráneas que colonizan os ecosistemas, os esforzos centráronse na flora exótica invasora nas súas instalacións. Viaqua desenvolveu o programa BiObserva STOP-invasoras que ofrece, a través dunha metodoloxía e ferramentas propias (unha plataforma web e unha app móbil), a información necesaria para capacitar o persoal da instalación sobre como identificar especies, reportar observacións e executar plans de control.


O cadro de persoal tamén está implicado e colabora no seguimento de aves que viven xunto ás plantas de tratamento. O programa BiObserva Voluntariado, implantado en sete instalacións, conta coa participación voluntaria de máis de 21 traballadores. Os avistamentos de avifauna nos centros de traballo son rexistrados nunha aplicación móbil e en plataformas web de acceso público. As preto de 9.000 observacións realizadas foron utilizadas internamente para realizar plans de acción específicos e, ao mesmo tempo, postas a disposición da comunidade científica na plataforma mundial de información de biodiversidade (GBIF), patrocinada polo Ministerio de Ciencia e Innovación e xestionada a través do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). SUEZ en España, grupo empresarial ao que pertence Viaqua, é a entidade privada que máis rexistros achega.


Do mesmo xeito, Viaqua impulsará solucións baseadas na natureza na Estación de Tratamento de Auga Potable do Lérez e no Bombeo de Maxisterio, en Pontevedra.


Biodiversidade nas cidades


A diversidade biolóxica proporciona alimentos, materias primas e unha gran variedade de recursos básicos. Para favorecer a diversidade na natureza, Viaqua impulsa medidas xerais como a redución das emisións dos gases con efectos invernadoiro e o aforro de auga, así como a redución, reaproveitamento e reciclaxe de todos os residuos que xera a súa actividade. Apostando pola economía circular e a innovación tecnolóxica, Viaqua é pioneira en Galicia en potenciar a transformación das depuradoras tradicionais en biofactorías grazas á Unidade Mixta CIGAT-BIOFACTORÍA que se están desenvolvendo na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ourense. Este novo concepto, que supón un cambio de paradigma, baséase en tres principios: a reutilización da auga para novos usos, a xeración de enerxías renovables e a valorización de todos os residuos.


Preservar a biodiversidade e loitar contra o cambio climático son obxectivos necesarios, incluídos na Axenda 2030, para garantir un futuro mellor.


Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE