#Claves de la semana
SESION PARLAMENTARIA EN GALICIA

Feijóo encargou a auditoría da fusión das caixas “para enganarnos a todos”

José Luis Méndez Romeu, acusou ao presidente da Xunta de encargar unha auditoría para xustificar a fusión das caixas e “enganarnos a todos”. Así o dixo na sesión de control ao presidente no Parlamento de Galicia, na que o acusou de “claudicar como presidente e atender só ao seu medre persoal”. 

O presidente da Xunta sabía, da situación das Caixas Galegas, grazas a un informe elaborado polo gobernador do Banco de España –Fernández Ordóñez- por mediación de Juan Carlos I. 


|

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou ao presidente da Xunta de encargar unha auditoría para xustificar a fusión das caixas e “enganarnos a todos”. Así o dixo na sesión de control ao presidente no Parlamento de Galicia, na que o acusou de “claudicar como presidente e atender só ao seu medre persoal”.


O responsable socialista citou o libro de Fernando Ónega “El hombre que pudo reinar” para demostrar que o presidente da Xunta sabía, grazas a un informe elaborado polo gobernador do Banco de España –Fernández Ordóñez- por mediación do Rei Juan Carlos I, da situación das caixas galegas.


Méndez Romeu afeoulle ao presidente da Xunta que, sabendo desta situación, se encargara de “convencernos a todos de que a fusión era a única solución posible”. O resultado foi unha entidade intervida polo Estado, capitalizada con 10.000 millóns de euros, vendida cunhas perdas de 9.000 millóns de euros e un comprador primado con 2.200 millóns de créditos fiscais, que desembolsou 400 millóns para gañar 1.100 no primeiro ano.


Resumiu a operación liderada por Feijóo, que cualificou de “nefasta para o interese público”, como a dun “comprador sagaz, un vendedor torpe e un presidente da Xunta irresponsable”. Explicou que “moitos empresarios suspiran por axudas semellantes”, e apuntou que “si a entidade fora vendida mais tarde ou mesmo hoxe mesmo o interese público veríase moito mais beneficiado”.


Acusou ao presidente da Xunta de ter pasado de defender a viabilidade e a galeguidade da fusión a defender a venda a capital foráneo, pasando polo engano masivo a unha morea de investidores galegos “que pensaron que vostede tiña un compromiso serio”.


A día de hoxe “descoñecemos a explicación formal e documentada do que ten ocorrido”, xa que o Frob “rehusou acudir ao Parlamento e informar”, mentres o goberno galego paralizaba a Comisión de Investigación “evitando que puideran dar traslado ao ministerio fiscal de algunhas actuacións”.


Irreal


O responsable socialista cualificou ao presidente da Xunta de “irreal” e acusouno de vivir “nun mundo falseado” ao armar un “inadmisible discurso de satisfacción” coa situación económica e de anunciar que Galicia lideraría a recuperación económica Galicia tivo o terceiro peor comportamento das 17 comunidades autónomas no ano 2014.


Lembrou que en 2014 a conselleira de Facenda anunciara un incremento de 0,3 puntos na previsión de crecemento de Galicia, cando finalmente só medrou un terzo da previsión da Xunta, polo que “comprendo que fora cesada e enviada a ese ostracismo” como candidata do PP de Vigo.


Méndez Romeu chegou mesmo a contrastar o discurso fantástico do presidente da Xunta co realismo do presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Junker, quen recentemente negaba a recuperación e a fin da crise económica coas cifras de paro de España.


Afirmou que practicamente tódolos indicadores ofreceron un saldo negativo en 2014, e citou a agricultura e construción, así como a industria -co maior retroceso de España-, e só os servizos ofrecen unha tendencia mínima “coa notable excepción do comercio, tamén negativo”.


O saldo comercial de PIB tamén é negativo, mentres tanto o comercio exterior como o comercio co resto do Estado retroceden, o investimento estranxeiro sitúase en cifras simbólicas, “agás que chame internacionalización á venda de empresas de referencia”. Concluíu que, grazas á xestión de Feijóo, Galicia continúa a incrementar o diferencial con España mentres el leva “dous anos sen iniciativa, atento a outros intereses”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE