#Claves de la semana
II Foro da Ruta da Camelia, en Vilagarcia de Arousa, que precede o Concurso Internacional dos dias 14 e 15

A Ruta da Camelia, de Galicia, configura un gran reclamo turístico e un referente a nivel internacional

CameliasenGalicia.jpg

Galicia é a Comunidade con máis variedades de camelia despois do Xapón, ao albergar máis de duascentas especies e preto de 30 mil variedades diferente



|


Nava Castro y Tomás Fole fueron los encargados de inaugurar el Foro en el Pazo de Rubiáns


Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 13 de marzo de 2015.- directora de Turismo de Galicia,Nava Castro,participou hoxe na inauguración da segunda edición do Foro da Ruta da Camelia, que tivo lugar no Pazo de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa.


Galicia é a Comunidadecon máis variedades de camelia despois do Xapón,ao albergar máis de duascentas especies e perto de 30 mil variedades diferentes de camelias.Sinalou que ningún outro lugar ofrece ao visitante unha variedade de especies de flor de camelia,de coleccionistas,de exposicións e de produtores de planta de camelia que se pareza á de Galicia.


Tal e como explicou a responsable de Turismo da Xunta, na actualidade a camelia viste numerosos pazos, fortalezas e casas señoriais de Galicia, así como, numerosos xardíns e fincas, tanto públicas como priv
adas, e incluso os centros das cidades. “Destexeito, camelia converteuse na flor insignia de Galicia e para moitos galegos o eixe vertebrador da súa actividade”.


A Directora de Turismo de Galicia destacou que a camelia forma parte do patrimonio histórico e botánico da xeografía galegae ten unha gran potencialidade como recurso turístico. “Un recurso que incide na nosa imaxe de destino experiencial, destinoevocador de emocións e sensacións”, sinalou.


A Ruta da Camelia, un referente internacional


A Ruta da Camelia , constituída na actualidade por unha ducia de xardíns tanto públicos como privados, 
configura un gran reclamo para os turistas que visitan Galicia e un referente a nivel internacional.

A través dela, os viaxeiros que visitan Galicia poden descubrir os diferentes recursos dos concellos nos que se sitúan os principais enclaves e xardíns adornados con exemplares desta planta. “EstaRuta convértese así no fío condutor para ir descubrindo o noso patrimonio vexetal, natural, a a arquitectura dos nosos pazos,o noso patrimonio eclesiástico e monástico; a riqueza da nosa gastronomía de costa e de interior”, explicou Nava Castro, engadiu “todos eles son reclamos turísticos en si mesmos que adquiren un significado especial se se descobren a través das cores das camelias en Galicia”.


Finca da Saleta en Meis, o pazo Quinteiro da Cruz en Ribadumia, e o Pazo de Rubiáns en Vilagarcía, son algúns exemplos de espazos na provincia de Pontevedra onde residen exemplares de diferentes especies coma a xapónica,reticulata, sinensis ou sasanqua entre outras. Na provincia da Coruña, pazos coma o de Vista Alegre e Santa Cruz deRibadulla en Vedra, o de Mariñán en Bergondo e a Casa-Museo de Rosalía de Castro son refuxios onde tamén florecen as camelias.


Pero tamén a Ruta percorre os centros das cidades. Así, podemos encontrar esta flor en Santiago onde predominan na alameda, dispersas pola zona da Ferradura. En Pontevedra, con exemplares na Praza da Ferrería, na rúa da Oliva ou no cemiterio de San Mauro así coma nos xardíns do Pazo Provincial, no Palacete das Mendoza, na Finca de Areeiro ou no Pazo de Lourizán. Ou en Vigo en zonas tan concorridas coma a Avenida da Camelia, os xardíns da Alameda, os bulevaresde Gran Vía, incluso no coñecido Monte do Castro e no Pazo-Museo Quiñones de León co seu paseo Antonio Odriozola ou seu fermoso labirinto coa afamada Matusalém das camelias.


Posta en valor deste recurso único


Nava Castro destacou que Turismo de Galicia traballa para poñer en valor este recurso único, presumindo de camelia galega nas principais feiras e certames deste tipo que se celebran en Europa e traballando por introducir a ruta nos principais mercados turísticos interesados neste tipo de produto.


Ademais, grazas ao labor de Turismo de Galicia a prol da potenciación da Ruta da Camelia, este itinerario pódese gozar tamén en tren. Así, a través do programa “Galicia a todo tren” os turistas poden coñecer de maneira sinxela e cómoda as diferentes rutas polos pazos e xardíns históricos de Galicia no período estival. 


PARTICIPCION INTERNACIONAL 


4008H2.jpg


LI Concurso - Exposición Internacional da Camelia en Vilagarcía de Arousa 14 y 15 de Marzo.

Preto de medio centenar de expositores participan nuhanovaedición do Concurso Internacional dá Camelia cuiamostrauestraestará aberta ao público durante todo o fin de semana no recinto de Fexdega. Os cultivadores inscritos exhibirán as súas propostas nos douscentos metros cadrados que se reservaron para esta actividade itinerante que recala na capital arousana cada tres anos. 

A apertura oficial será ás sete da tarde e o recinto estará aberto ata as dez. Mañá domingo o horario é de dez a dez de forma ininterrompida.
Os participantes no certame son, na súa maior parte, galegos. Tamén hai expositores de Asturias e de Portugal.


Co obxectivo de dar un pouco de notoriedade ao evento dentro do pavillón feiral persoal municipal traballou intensamente estes últimos días na preparación da estrutura na que hoxe durante toda a mañá os expositores colocarán as súas propostas.

Salientaron dende o Concello, o escenario dispúxose de modo que os visitantes poidan admirar as camelias coma se paseasen por un xardín. Unha fonte dará a benvida á entrada e as composicións florais distribuiranse en varios corredores. Para crear máis ambiente tamén instaláronse pérgolas con enredadeiras, así como canas de bambú. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE