Galicia e o Norte de Portugal.

A Xunta exclúe aos estudantes do programa Iacobus de intercambio con Portugal

|


laboratorioUSC.jpg


José Luis Méndez Romeu, denunciou que a Xunta está a “excluír” aos estudantes do programa Iacobus de bolsas de intercambio entre centros académicos de Galicia e o Norte de Portugal. No debate dunha pregunta oral na comisión de Asuntos Europeos, sinalou que o que foi anunciado por Feijóo como un novo Erasmus limítase a un intercambio de persoal administrativo e docente.


Deste xeito, denunciou o “trato ben discriminatorio” aos estudantes por canto os docentes e o persoal de administración repártense dous terzos das prazas dispoñibles, con axudas de 800 euros para unha estadía dunha semana, mentres os investigadores acceden ao terzo restante con axudas de 600 euros para un mes e os estudantes quedan excluídos.


O responsable socialista criticou que o que se presentou polo presidente da Xunta de xeito grandioso quedou nun programa “baleiro de contido real e absolutamente retórico”, sen mecanismos de avaliación, control de calidade nin resultados. Advertiu que o único requisito para acceder ás axudas é “redactar unha memoria”, marxinando o interese, relevancia do programa ou o cumprimento dos obxectivos.


e o goberno galego preferiu limitar o programa a menos de 200 prazas antes de afrontar un verdadeiro programa de intercambio que podería beneficiar a milleiros de estudantes.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress