lunes, 21 de agosto de 2017 12:05




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

ANALISI DAS ELECCIOS ANDALUZAS DO SECRETARIO XERAL DO PSDG-PSOE

Besteiro: “Hai unha nova xeración de socialismo que puxa forte e protagonizará a vida dos cidadáns”

|



José Ramón Gómez Besteiro, afirmou esta mañá en Madrid antes da Executiva Federal que analiza os resultados das eleccións andaluzas que “hai unha nova xeración de socialismo que puxa forte” e que “abre un tempo novo cunha nova forma de facer socialismo que protagonizará sen dúbida a vida dos cidadáns”.


Gómez Besteiro sinalou que “o primeiro test deste ano que estará plagado de eleccións para toda España” deixou claro que “o socialismo forma parte da axenda de futuro” dos cidadáns. “Andalucía abre unha fronte a esa nova etapa na que os cidadáns interiorizarán que o futuro vai estar protagonizado polo partido socialista”, dixo.


O socialista destacou o “triunfo claro e rotundo éxito do PSOE” en Andalucía, a “debacle do PP cunha derrota que o retrotrae ata hai máis de 20 anos cunha caída profundísima que nin sequera eles esperaban”, a derrota tamén de IU e “unha entrada real dos partidos minoritarios pero con menos forza quizáis da prevista e da que lles otorgaban os sondeos”. Besteiro asegurou que “os andaluces elixiron con claridade, e elixiron futuro e un novo socialismo” e apuntou que o resultado de onte non ten que ver coa anticipación das eleccións, senón con que “a cidadanía cando vota, vota con sentido común”.


O líder dos socialistas galegos vaticinou que “o colofón será nas eleccións xerais, onde se está a albiscar claramente unha derrota do PP”. “Estes tres anos de PP, seis en Galicia, de austeridade, non serviron para o que a dereita prometeu. Somos máis pobres, máis desiguais e con menos futuro, e a cidadanía reaccionou dicindo que é o que non quere, e o que non quere é máis PP”.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress