O soldo do Alcalde de Celanova (Ourense), do PP, será reducido por sentencia a casi 4 veces o salario interprofesional

A Xustiza obriga ao alcalde de Celanova a baixarse o soldo a 2.350 euros

|



Unha sentenza do xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense quitou a razón ao alcalde de Celanova, José Luís Ferro (PP), e ditaminou que o acordo plenario que lle rebaixa o seu soldo un 35 por cento -ata os 2.350 euros mensuais- é válido salvo nun aspecto, o que implica unha subida salarial anual conforme ao IPC e que agora queda anulado.


A polémica polas retribucións neste municipio con menos de 6.000 habitantes non é nova, pois o anterior rexedor, Antonio Mouriño, hoxe deputado autonómico, chegou a ser “o alcalde mellor pagado” de Galicia, segundo lembrou a portavoz do PSOE no consistorio, María Jesús Boo.


Neste escenario, cando Ferro accedeu ao cargo en substitución de Mouriño decidiu reducir ao redor dun 20 por cento a súa nómina e percibir algo máis de 3.700 euros mensuais. Con todo, a situación cambiou cando o PP perdeu a súa maioría absoluta pola marcha da concelleira Montserrat Álvarez Vispo ao grupo mixto, pois o PSOE promoveu unha rebaixa do soldo do alcalde que saíu adiante co voto favorable de toda a oposición.


Segundo o texto aprobado, xustificado na conxuntura de crise, cobraría 14 pagas de 2.350 euros, ademais de dietas, e tería á súa disposición un vehículo oficial. Con todo, o rexedor viu detrás “unha represalia política” e decidiu recorrer á Xustiza para tombar ese acordo.


Con data do mércores, o fallo xudicial vai un paso máis aló e retíralle a subida anual con base no IPC, á vez que lembra ao primeiro edil de Celanova que tanto na esfera pública como na privada “a redución de soldos foi xeneralizada e practicamente indiscriminada”.


INACEPTABLE”


Ademais de subliñar que o pleno dun concello é competente para tomar este acordo, aínda que non sexa a instancias do alcalde, o xuíz opina que a redución salarial non se fixo “ata límites que poidan raiar o inaceptable ou inxustificable” nin que “impidan ao alcalde desenvolver as súas funcións con normalidade”.


De feito, recalca que o seu soldo actual é “case catro veces” o salario mínimo interprofesional e evidencia que, “aínda que a rebaixa é substancial e considerable, pode ser debido a que a suma da que se partía era xa moi elevada”. E deixa “claro” que “a suma final non pode considerarse irrelevante ou desproporcionada, polo escaso, co desempeño do cargo”. Con todo, a sentenza non é firme e contra ela cabe recurso.


CONCELLO “EXPOLIADO”


En primeiro lugar, a portavoz socialista xulgou “insólito” que o alcalde denunciase aos asinantes do acordo e ao propio Concello de Celanova e, a continuación, acusou ao PP de “expoliar” ao municipio durante os últimos 20 anos.


Ao fío diso, incidiu en que hai “moitos cómplices” desta situación, como o expresidente do PP na provincia José Luís Baltar e o seu fillo e sucesor, José Manuel Baltar; ademais de “quen designaron deputado autonómico” a Antonio Mouriño.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress