viernes, 18 de agosto de 2017 01:23




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Presentación da "Carta de servizos" da Deputación de Ourense,

A Deputación de Ourense presenta a súa "Carta de servizos", iniciativa pioneira en favor da transparencia, a calidade e a interacción coa cidadanía

|


Ourense, O presidente da Deputación de Ourense, acompañado por Maryam Luzárraga, socia e mamagement consulting goverment de PwC, presentou hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a "Carta de servizos" da Deputación de Ourense, a guía máis completa dun goberno provincial en España, que pon a disposición de cidadáns e concellos con inmediatez, transparencia e interacción toda a oferta de servizos públicos do ente provincial ourensán.


Manuel Baltar afirmou que o obxectivo "é responder ás necesidades dos cidadáns e dos concellos con eficacia, rapidez e innovación por medio dunha Carta que ofrece 40 servizos para os concellos e 55 para os cidadáns, que a Deputación pon a disposición dos usuarios coa máxima accesibilidade e co compromiso de revisión permanente para adaptalos ao que demandan os ourensáns".


"Trátase da Carta de servizos" máis completa dun goberno provincial, que coloca ao cidadán no centro do novo modelo de xestión administrativa para responder en cada momento as súas necesidades de servizos públicos, dentro da liña estratéxica da Deputación de Ourense de compartir toda a información cos cidadáns, tendo á calidade como compromiso, e abrindo unha nova canle de participación e información".


A "Carta de servizos", que dende hoxe está xa a disposición da cidadanía a través da páxina web da Deputación de Ourense: www.depourense.es, ofrece información sobre o organigrama da Deputación e a relación dos servizos que prestan as áreas de Administración Xeral, Económica, Benestar, Infraestruturas, Medio Ambiente, Cultura e Deporte, así como o Inorde. Todos estes apartados dan conta en total dos 95 servizos que a institución provincial por a disposición da cidadanía.


Compromiso coa transparencia e a calidade


O presidente do goberno provincial destaca que con esta nova ferramenta "a Deputación mira cara ao futuro, anticípase e da un novo pulo na súa relación cos cidadáns e os concellos, no marco dos compromisos asumidos coa aprobación do Código Ético, para dar conta do que fai e mellorar constantemente as súas prestacións, levando a cabo así unha verdadeira transformación provincial".


Tratase, afirma Baltar, "de facer o que máis se necesita, da mellor maneira e con máis calidade".



En opinión de Maryam Luzárraga, con esta medida a Deputación de Ourense "amósase como un goberno valente, innovador e pioneiro, que se sitúa como referente nacional e en perfecta consonancia co que marca a Unión Europea no que atinxe a transparencia, sostibilidade e xestión pública". A experta en management considera que este proceso innovador permitiralle á Deputación "facer unha diagnose interna permanente a prol da mellora continua, o que posibilitará unha adaptación dinámica e avaliable dos servizos para adaptalos á realidade actual de cada momento".


A Deputación de Ourense comprométese coa súa "Carta de servizos" a prestar servizos a cidadáns e entidades locais con transparencia, eficiencia e altos estándares de calidade, e tamén a render contas sobre o funcionamento, a mellora e os avances en materia de servizos públicos. Esta iniciativa permitirá unha mellor xestión das demandas que reciba a institución provincial a través das canles de participación que pon a disposición da cidadanía a través de: correo electrónico ( transparencia@depourense.es); enquisas de satisfacción de usuarios; mesa provincia para a mellora dos servizos públicos, e formulación de reclamacións, queixas e suxestións, tanto de xeito presencial no Rexistro da Deputación como por Internet ou por correo postal.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress