#Claves de la semana
CONCELLO DE OURENSE

O popular Francisco González renuncia como concelleiro de Ourense

Nun comunicado, o alcalde, Jesús Vázquez, di que respecta a decisión e destaca a "gran valía, capacidade e enorme impronta humana" de González Bouzán.


|

Francisco González Bouzán


Nun comunicado, o alcalde, Jesús Vázquez, di que respecta a decisión e destaca a "gran valía, capacidade e enorme impronta humana" de González Bouzán.


Apenas mes e medio despois de tomar posesión do seu cargo, o concelleiro do Goberno municipal de Ourense Francisco González Bouzán vén de presentar a través do Rexistro do Concello a súa renuncia ao cargo de concelleiro, que solicita que se faga efectiva ante o Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre.


O concelleiro de Cultura, Recursos Humanos e Seguridade Cidadá, atópase actualmente de baixa por enfermidade.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, lamenta a marcha de Francisco González, un home do que salienta a súa "gran valía, capacidade e enorme impronta humana" que, asegura, "deixou de manifesto neste Concello".


Jesús Vázquez respecta a súa decisión e avanza que Francisco González "sempre terá aquí a súa casa e seguiremos colaborando con el".


O grupo de goberno dará conta no próximo pleno da renuncia e posteriormente procederá á incorporación da seguinte persoa na lista, que sería Flora Moure.


González Buján abandona o seu cargo xusto despois de que se coñecera que Manuel Baltar, o seu xefe na Deputación de Ourense, lle pedira por escrito que reducira as súas responsabilidades como director do Centro Cultural ao considerar que non debía compatibilizar este posto co de concelleiro.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE