#Claves de la semana
SANXENXO (PONTEVEDRA)

Juan Carlos I catro días 'a corpo de rei' en Sanxenxo (Pontevedra)

Pra participar na regata El Corte Inglés Master


|


Catro días en Sanxenxo rodeado de amigos e gozando da navegación pola Ría de Pontevedra. Así plantexa o rei Juan Carlos I a súa estancia na vila pontevedresa, á que chegou este xoves para participar na regata El Corte Inglés Master, denominada desde este ano Rei Juan Carlos.


O monarca, que será patrón do Acacia, unha embarcación do ano 1929, chegou pouco antes das 14:00 horas ao Real Club Náutico de Sanxenxo, onde foi recibido polo seu amigo e presidente do club, Pedro Campos, e os representantes das forzas políticas que compoñen a corporación municipal.


Apoiado nun bastón, foi saudando un a un aos presentes e detívose a charlar con varios deles antes de entrar no club, onde está previsto durante a fin de semana unha recepción aberta aos socios.


Tras reunirse co alcalde e o resto de concelleiros e gozar dunha comida en compañía de compañeiros do mundo náutico, Juan Carlos I vestiu a roupa de navegación para dar un paseo pola ría.


En canto á competición, a Regata Juan Carlos I vivirá as súas primeiras mangas este venres a partir das 16:00 horas fronte á praia da Lanzada.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE