#Claves de la semana
E O "RISCO" PARA PACIENTES E PERSOAL

Traballadores denuncian publicamente o "caos" do novo hospital de Vigo

Cuñas sucias ao lado dun bloque cirúrxico, UCI sen toma de auga e equipamento insuficiente son algunhas das deficiencias


|

Traballadores de diferentes servizos do novo hospital de Vigo denunciaron este luns publicamente a “situación caótica” que se vive no novo hospital de Vigo como consecuencia do traslado e a posta en marcha das novas instalacións, así como o “risco” para os pacientes e para o propio persoal, pola falta de recursos e espazos adecuados.


Nunha comparecencia sen precedentes, na que estiveron presentes traballadores de Radioloxía, Hematología, Cardiología, Obstetricia, Oncoloxía e Anatomía Patolóxica, entre outros servizos, denunciaron as deficiencias das novas instalacións, falta de equipamentos e de persoal, ante uns responsables da administración sanitaria que “miran para outro lado, con tal de cumprir o cronograma”.


O doutor Sáez, facultativo do servizo de Radioloxía, explicou que o novo hospital só conta neste momento con dous TAC, un deles de moi baixas prestacións, e que o novo equipo máis avanzado (de 128 cortes) aínda non empezou a instalarse. Así as cousas, advertiu de que, cando se culmine o traslado, non haberá capacidade para atender a todos os pacientes e, ao darse prioridade aos ingresados e aos de Urxencias, xeraranse demoras nas probas de pacientes ambulatorios.


Por iso, reclamou un “compromiso público” de que se axilizará a instalación de equipamento, tamén noutros ámbitos, como os propios postos informáticos onde os traballadores fan os seus informes e avalían as probas. Así, lembrou que, a pesar de que o servizo conta con 23 radiólogos, só hai tres postos funcionando.


A estas demandas, súmase o feito de que non se instalou o servizo de Resonancias Magnéticas (que agora ofrece Galaria desde unha unidade móbil instalada no exterior do hospital) ou que, das 12 salas para facer ecografías, só dúas teñen espazo suficiente para meter unha cama. Así, até “unhas 400 ou 500 incidencias” de diferente grao que, segundo este médico, foron “rexeitadas” polos responsables superiores.


FALTA DE ESPAZOS E MATERIAL


Pola súa banda, Rosa, matrona no Chuvi desde fai máis de 30 anos, mostrou o seu “enfado” porque o HAC “non cumpre os requisitos mínimos” para prestar unha atención de calidade na área de Obstetricia. Así, relatou que o hospital de día, no que as embarazadas fan os seus controis ao final da xestación “está catro plantas máis abaixo do paritorio e dos quirófanos”.


Do mesmo xeito, denunciou que os boxes de urxencia de embarazadas non teñen baño e están separados do paritorio por unha sala de espera; que a reanimación dos recentemente nados debe facerse fóra do bloque cirúrxico; ou que a sala onde se almacenan as cuñas sucias está á beira de “onde se lavan os cirurxiáns que van facer unha cesárea”. “É imposible que isto o deseñou xente profesional da sanidade”, sentenciou, e engadiu que “se fosen intelixentes (na xerencia) pararían o traslado”.


Na mesma liña pronunciouse Inés, enfermeira da Unidade de Coidados Intermedios de Cardioloxía, quen cualificou como un “auténtico caos” o traslado ao novo hospital. Segundo afirmou, as enfermeiras atopáronse ao chegar cunhas instalacións nas que non había desfibrilador, faltaba medicación básica de emerxencia (que una delas tivo que levar desde o Meixoeiro no seu coche particular), e onde os monitores non funcionan correctamente.


“BÚSCATE A VIDA”


Modesta, enfermeira de Hematoloxía, relatou, con bágoas nos ollos, como no novo hospital non ten un espazo físico para traballar, fáltanlle medios adecuados para as preparacións do aspirado de médula, a citoquímica, os reactivos, secar as mostras, etcétera. “Eu si quero facer o meu traballo, pero no novo hospital desaprendín todo o que sei”, lamentou.


Esta profesional, con décadas de experiencia, recoñeceu que “moita xente non fala por medo a dar a cara”, pero insistiu en que “nunca pasou o que está a pasar agora”, e puxo como exemplos, a falta de enchufes para as neveiras no banco de sangue. “E a contestación dos meus superiores é: búscate a vida”, asegurou.


RISCOS LABORAIS


As denuncias destes traballadores referíronse tamén aos riscos que eles mesmos corren nos seus postos. Sonsoles, técnico de Anatomía Patolóxica, denunciou que, ademais de traballar nunhas instalacións “reducidas”, hai outras incidencias “graves”, como a escaseza de material básico (luvas anticorte para facer as autopsias), salas onde se almacenan produtos tóxicos sen ventilación, chans que non soportan o peso dos cristais de mostras ou aparellos sen desembalar porque “non coinciden as tubaxes e desaugadoiros para instalalos”.


“Estamos a traballar en condicións de fai 40 anos, e os organismos oficiais miran para outro lado”, incidiu, e advertiu de que seguen “esperando” a que a Inspección de Traballo visite esas instalacións.


OUTRAS DENUNCIAS


A todas estas denuncias, súmanse as doutras enfermeiras de Oncoloxía ou de UCI, que lamentan a falta de intimidade dos seus pacientes, escaseza de puntos de luz e enchufes, a redución drástica a variedade de dietas que se serven aos pacientes, teléfonos que non funcionan, lavabos non adecuados, unidades críticas sen toma de auga ou despachos de billetes demasiado pequenos.


Por outra banda, Miguel, representante do colectivo de celadores, tamén advertiu de que a concesionaria do hospital contratou a unha empresa externa cuxos traballadores se encargan do transporte interno e funcións auxiliares que, até agora, facían os celadores.


Trátase de persoal, “sen experiencia sanitaria”, que realiza labores tan sensibles como trasladar historiais clínicos ou probas de pacientes. “Non hai ningunha xustificación para que contraten a esta empresa”, subliñou este celador, quen denunciou a intención do Sergas de estender este servizo tamén ao Meixoeiro.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE