#Claves de la semana
GALICIA EXTERIOR

A Xunta incide na importancia da unidade dos galegos na diáspora para fortalecer as entidades galegas no exterior

A Casa de Galicia de Nova York está aberta dende o ano 1940 e foi fundada por un grupo de emigrantes galegos animados por Castelao

Máis de 17.600 galegas e galegos residen nos Estados Unidos e a meirande parte deles residen en Newark, a cidade máis poboada do estado de Nova Jersey.


|

Toni Sanchez, Alfonso Rueda, Jose Manuel Brandariz, Antonio Rodriguez, Ángel Capellán, Aurelio Miras e Marcos Roel. 


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron hoxe nos actos de celebración do 75 aniversario da Casa de Galicia en Nova York, onde Rueda incidiu na necesaria unidade dos galegos na diáspora para fortalecer as entidades galegas no exterior, e dotalas de maior solvencia e garantía de futuro para todos os galegos e galegas que viven fora da nosa comunidade.


O festexo da Casa de Galicia, que preside Marcos Roel, asistiú también el director general de Migraciones, Aurelio Miras Portugal, e destacadas personalidades da diáspora galega e española en Estados Unidos como José Manuel Brandariz, presidente da Asociación de Empresarios Gallegos en Estados Unidos (AEGUSA), ou Ángel Capellán, conselleiro xeneral da Emigración po los Estados Unidos.


O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, solicitou a colaboración de tódolos galegos para que actúen como embaixadores da Galicia territorial ante o forte e dinámico tecido empresarial neoiorquino, e insistiu en que a chama da galeguidade permaneza viva alí onde prendeu, na principal cidade do mundo.


A Casa de Galicia de Nova York, dedícase a manter e promover a cultura, folclore e tradicións galegas. Constitúese coma un eixe de referencia onde se agrupan os galegos que viven nesta cidade, estreitando relacións con outras organizacións españolas e apoiando a vinculación e integración dos seus socios na sociedade norteamericana para que poidan acadar así un maior progreso social, cultural e económico.


A entidade considerada coma epicentro da diáspora galega na ’capital do mundo’, foi fundada no ano 1940 por un grupo de emigrantes galegos animados por Castelao (quen ata semanas antes residira na megalópole). Como asociación, foi promotora fundamental para a creación dunha cátedra de estudos galegos na Universidade de Nova York.


A pegada das actividades da Casa de Galicia, canda a crecente influencia das comunidades galegas tanto en Nova York como en Newark e toda Nova Jersey, ten o seu reflexo na actualidade, pois a diáspora galega está presente, e a un nivel relevante, en todo tipo de actividades e celebracións onde teñen representación as múltiples culturas presentes na metrópole neoiorquina.


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron onte encontros coa comunidades galegas de Nova Jersey, onde residen a meirande parte dos galegos e as galegas que a día de hoxe están nos Estados Unidos, 


En primeiro lugar, visitaron e mantiveron unha xuntanza coas e cos membros do Centro Orensano Social Club, que foi fundado no ano 1964 por un grupo de ourensáns, que constituíron esta asociación para o fornecemento da cultura galega e organización de actividades de carácter recreativo. Posúe un edificio de dous andares en Lafayette St. con amplo salón de actos, oficinas, biblioteca, e instalacións lúdicas e de hostalería. Conta a día de hoxe con case 1.000 persoas asociadas, das cales 940 son galegas.


Ato seguido, achegáronse ata a Peña Galega - Club España, onde tamén mantiveron un encontro con sociais e socios, e membros da xunta directiva, e coñeceron de primeira man as instalacións da entidade, que foi fundada no mesmo ano que a anterior, 1964, como lugar de encontro e acubillo dos emigrantes españois e españolas (dos cales arestora máis do 80 por cento das 1.500 persoas asociadas son galegas) nesta área dos EE.UU. Posúe un edificio de hai máis dun século, considerado por tanto ‘histórico’ no país, de dous andares, con salón de recreo con escenario, oficinas, e instalacións de hostalería.


O Centro Orensano e a Peña Galega son os dous referentes fundamentais da diáspora galega e española en Newark, a cidade máis poboada do estado de Nova Jersey, e cuxo alcume é "a cidade dos ladrillos". Con perto de 300.000 habitantes, é un importante centro industrial, cultural, comercial, e de transporte, que se atopa a uns oito quilómetros ao oeste de Manhattan, e catro ao norte de Staten Island (ambas pertencentes a Nova York). A súa localización preto do océano sobre a badía de Newark axudou a que o porto de Newark sexa o maior de contedores da zona marítima do nordés dos Estados Unidos.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE