Cando unha traxedia sacode dunha maneira tan irracional unha sociedade tan próxima, como o pode ser para nós a dos nosos veciños franceses, todo o que nos pode separar xeográfica ou ideológicamente parécenos insignificante, porque non estamos a falar de nacións ou estados distintos, senón de civilización e humanidade.
O ataque sanguinario da noite do venres en París cometérono os mesmos bárbaros que voaron varios trens en Madrid ou derrubaron as torres xemelgas en Nova Iork. Foi un crime de lesa humanidade polo que debemos chorar amargamente para, a continuación, pensar como podemos defendernos para que o noso mundo de liberdade e democracia non desapareza en mans duns fundamentalistas relixiosos que, na súa tolemia, queren que compartamos a súa fe matando as nosas mulleres e nenos ou a un centenar de mozos que pacíficamente gozan dun concerto de rock.
Hoxe todos somos Francia, e quen asasinou a cidadáns franceses en París tamén ha ensanguentado nosas rúas. O seu felonía non pode quedar impune.
A xustiza internacional e as nacións libres deben perseguilos sen darlles tregua.
Escribe tu comentario