#Claves de la semana

Converfit, unha 'startup' viguesa, seleccionada por Microsoft para participar nun programa de aceleración en Londres

Como un dos oito proxectos máis innovadores e con maior proxección do panorama mundial


|

Converfit

A empresa emerxente viguesa Converfit foi seleccionada por Microsoft para participar nun programa internacional de aceleración de empresas en Londres, como un dos oito proxectos máis innovadores e con maior proxección do panorama mundial.


Esta empresa é a responsable dunha aplicación que ofrece ás tendas online (as e-commerce) para coñecer os seus clientes, saber quen está a visitar o seu web, ou se algún cliente necesita axuda, todo en tempo real.

A app está dispoñible para Android e iOS, e proximamente estarao en versión web. Ademais, a través da súa conta de Twitter, recollerá a opinión das e-commerce e publicará as actualizacións.

A participación no programa de aceleración de Microsoft (por 3 meses) supón que a empresa terá un espazo de traballo no centro de Londres, e medio millón de libras en infraestruturas, o que permitirá a Converfit darse a coñecer internacionalmente. De feito, xa recibiu as primeiras propostas de investidores, tanto nacionais como estranxeiros.

Converfit xa foi recoñecida, o pasado mes de xullo por outro xigante tecnolóxico, Google, que a elixiu como unha das startups máis atractivas do panorama B2B español. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE