lunes, 26 de junio de 2017 03:52




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

O proxecto de exploración mineira en Bergantiños podería duplicarse

|

Livia



A comarca de Bergantiños segue no punto de mira da empresa extractora Grupo M-FM 2001, interesada en duplicar a súa área de exploración mineira nos municipios de Zas, Santa Comba e Mazaricos. 


A empresa, que centra parte da súa actividade no sector aurífero, xa ten concedido un permiso de investigación chamado "Isabela II", que lle permite explorar 156 cuadrículas mineiras, unha superficie equivalente a 4.368 hectáreas.


Pero segundo denuncia o colectivo Salvemos Cabana, a empresa xa ten solicitado un segundo permiso de investigación para duplicar a súa área de exploración. Este permiso, denominado "Livia", engadiría outras 162 cuadrículas mineiras (4.536 hectáreas). 


Se sumamos os dous proxectos obtemos un total de 8.902 hectáreas afectadas, nun proxecto que multiplicaría por dez a área prevista inicialmente para o frustrado proxecto mineiro de Corcoesto. 


Dende Salvemos Cabana aseguran que este tipo de proxectos "non son razoables en ningún caso a nivel económico pero sobre todo pola problemática socio-ambiental que acarrean". Por iso realizan un chamamento a presentar alegacións ante a autorización do proxecto Isabela II, fundamental para evitar o "novo desembarco da minería do ouro en Bergantiños". 



relacionada Denuncian o retorno da "febre do ouro" en Bergantiños

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress