#Claves de la semana

AGE explicaralle a Citroën o seu bloqueo para a reforma da Lei do Solo

O resto dos grupos critican a postura de AGE, acusando ao grupo de bloquear unha "demanda unánime"


|

Citroenvigo 1



A Lei do Solo aprobarase a próxima semana no Parlamento, finalmente sen incluir a reforma coa que o Partido Popular pretendía desbloquear a situación urbanística de Vigo trala anulación do PXOM de 2008 para que saísen adiante proxectos como a estación intermodal ou a ampliación de Citroën.


Esta reforma foi bloqueada por AGE porque consideraban que introducía inseguridade xurídica no urbanismo galego. Despois de que este luns Citroën reclamase unha solución, AGE solicitou unha reunión coa dirección da factoría galega para explicarlles directamente a súa postura. 


Esta reunión, segundo o voceiro de AGE Antón Sánchez, celebrarase a semana que vén, e nela pretenden transmitirlle a Citroën que están a favor do desenvolvemento dos proxectos da factoría, pero con outro tipo de solucións urbanísticas. 


O deputado de AGE subliñou que "entenden que son lexítimos" os proxectos de Citroën, pero indicou que tamén lle expoñerá á dirección da factoría que unha iniciativa como a ampliación "necesita seguridade xurídica" e que a proposta que se dá polo PP "non existe", ao seu entender, esa garantía.


"Queremos que coñeza directamente a nosa postura, que ten argumentos razoados. Non queremos que a coñeza por intermediarios para evitar malos entendidos", expuxo Sánchez, quen asegurou que "cos prazos" que se deu a empresa, "hai posibilidade de facelo" con outras solucións (a incidencia supramunicipal). "Está en man da Xunta poder facelo e a posibilidade de conciliar" ambas as posturas, remachou.


CRÍTICAS DOS DEMAIS PARTIDOS


A postura mantida por AGE segue sendo criticada moi duramente polo resto dos partidos galegos. O PPdG anuncia que ten un plan B, introducindo a súa reforma pola vía lexislativa unha vez que a lei esté aprobada. Pero en todo caso, critican que a posición de AGE lastra "unha demanda unánime", facendo implica que o que "se pode solucionar en días vaia a tardar semanas". 


Os socialistas galegos amosáronse aínda máis duros. O seu voceiro José Luis Méndez Romeu, considera "coherente" a postura de AGE, pero só porque considera que están "en contra de todos os proxectos industrias deste país".


Dende o BNG recordan que eles optaron por "non bloquear" a solución proposta polos populares, aínda que mostraron no seu momento a súa "discrepancia" argumentando que existían "outro tipo de ferramentas" para sacar adiante os proxectos. 

relacionada O bloqueo urbanístico de Vigo é "un problema grave" para Citroën
relacionada AGE bloquea la reforma de la Lei do Solo
relacionada La Xunta plantea cambiar la Lei do Solo para desbloquear proyectos en Vigo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE