#Claves de la semana

A Xunta convocará 448 prazas na administración pública

Coas prazas convocadas en Sanidade e Educación, a Xunta convoca máis prazas neste ano electoral que durante 2011, 2012, 2013 e 2014 xuntos


|


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou na mañá deste xoves a próxima convocatoria de 448 prazas na administración pública autonómica para este ano. 


Destas prazas, 146 corresponderanse aos servizos sociais, 70 estarán incluidas na categoría de auxiliar de enfermería e as outras 76 nas de camareiro-limpiador e axudante de cociñas. En principio, estas oposicións deberían estar convocadas antes do verán. 


Tamén haberá 124 prazas para prevención e extinción de incendios, na primeira oferta deste tipo que se produce dende o ano 2003. As prazas ofertadas serán principalmente para conductor de motobomba, vixilante e peón conductor, polo que non esixirán titulación específica. As outras 30 prazas serán para persoal funcionario na escala de inxenieiros de Montes, , Agrónomos, Técnicos Agrícolas y Técnicos Forestales.


Neste caso, as oposicións tamén deberían estar convocadas antes do verán, pero os exames retrasaranse ata despois da campaña estival para non interferir no dispositivo de loita contra incendios. 


Tamén se convocarán 22 prazas de especialista en seguridade e saúde no traballo, unha categoría que aparece por primeira vez na nosa comunidade. Por último, haberá 116 prazas para promoción interna de informáticos, corpo de xestión, corpo superior y auxiliar.


A OFERTA DUPLÍCASE NO ANO ELECTORAL


Se lle sumamos esta nova convocatoria as máis de 800 prazas que se convocarán en sanidade e as 1200 que se convocarán en educación, obtemos un total de máis de 2.400 prazas de emprego público para 2016.


Coincidindo co ano das eleccións autonómicas, a Xunta saca a súa maior oferta de emprego pública dende o ano 2009. De feito, esta convocatoria supera a dos anos 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014 de forma conxunta e duplica as 1.163 prazas convocadas en 2015. 





relacionada Case 8.500 aspirantes buscan unha praza no Sergas
relacionada O Sergas convocará unhas 800 prazas para 2016
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE