#Claves de la semana

Feijóo aproba o seu 'plan B' para desbloquear a ampliación de Citroën

Un proxecto de lei cun único artigo permitirá edificar  “proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese público”, desbloqueando a apliación de Citroën nun prazo de entre 4 e 6 meses


|



A Xunta aprobou este xoves un proxecto de lei cun único artigo, que permitirá edificar “proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese público” sen contar cos plans de ordenación urbanística locais. Unha lei elaborada coa ampliación de Citroën en mente, que podería quedar desbloqueada nun prazo de entre 4 e 6 meses.


Alberto Núñez Feijóo recoñece que a única solución “definitiva, completa e global” para o bloqueo urbanístico de Vigo sería a aprobación dun novo Plan Xeral trala anulación do de 2008. Pero tamén considera que “non podemos mirar para outro lado” cando hai recursos legais para desbloquear proxectos promovidos pola administración pública como a ampliación de Citroën, a estación intermodal de Urzáiz ou a Cidade da Xustiza.


Dous días despois de que AGE bloquease a enmenda dos populares para a Lei do Solo, a Xunta aproba o seu plan B. Unha lei que previsiblemente será aprobada durante este mesmo mes polo procedemento de lectura única. Unha lei que permitirá solucionar os problemas de Vigo, pero que tamén podería aplicarse en “calquera outro concello cun problema similar no futuro”.


O presidente da Xunta quixo transmitir que esta nova lei respetará a autonomía municipal, así como os informes sectorias. Fixo especial fincapé en que integrará un informe de impacto medioambiental naqueles casos nos que sexa preciso, un punto no que amosaran dúbidas dende AGE durante estas últimas semanas.


Por iso espera conseguir un “consenso” o máis amplo posible para aprobar esta lei, que podería permitir a ampliación de Citroën nun plazo de entre 4 e 6 meses. Feijóo asegurou que sen esta lei presentar a candidatura para optar a novos modelos na factoria viguesa sería “inútil”, polo que reivindica a súa importancia para a cidade de Vigo.


OS CONCELLOS TERÁN A ÚLTIMA PALABRA


O presidente da Xunta quixo deixar claro que o proceso non será arbitrario, senón que incorporá un complexo proceso de aplicación ao que só poderán optar os proxectos promovidos por alguna administración pública.


Nun primeiro momento, a petición de acollerse a esta lei terá que ser elaborada polo organismo promotor da obra, que no caso de Citroën será a Zona Franca de Vigo. O proxecto será elaborado pola Xunta, pero o Concello terá a última palabra: se deciden non aprobalo, a obra paralizarase. Ademais, o concello tamén poderá paralizar as obras se detecta alguna desviación co proxecto aprobado.


Iso sí, o concello que solicite acollerse a esta lei deberá cumprir unha condición: deberá estar en proceso de elaboración dun novo Plan Xeral de Urbanización Urbanística. 

relacionada Feijóo acusa a AGE de "desvergoña política" por negarse a reformar a Lei do Solo
relacionada O PP aproba en solitario a nova Lei do Solo
relacionada Citroën optará a fabricar un novo vehículo en Vigo
relacionada O bloqueo urbanístico de Vigo é "un problema grave" para Citroën
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE