Galicia loita por recuperarse dun temporal que deixou aldeas illadas e zonas catastróficas
Varias aldeas de montaña quedaron completamente illadas pola neve. Paralelamente, Redondela e Arbo xa solicitaron a declaración de zona catastrófica inundacións destes últimos días
Co avance da xornada, Galicia vai abandonando pouco a pouco o peor do temporal que nos azotou estes días. Este martes teremos un día frío pero máis tranquilo, é o momento de facer balance de días terribles nos que houbo aldeas illadas pola neve e poboacións inundadas, que xa solicitaron a declaración de zona catastrófica.
As fortes nevadas que se rexistraron nas rexións montañosas de Lugo e Ourense, deixando a máis de 2.000 nenos sen clase, chegaron a illar por completo varias poboacións, que nalgúns casos tamén se quedaron sen luz.
Concretamente, en Pedrafita quedaron incomunidos por completo. Só con todoterreos e con dificultades se podían desprazar por esta rexión. Parte das aldeas da zona quedaron sen luz pola mañá, un problema que se solucionou a mediodía, cando un todoterreo conseguiu abrirlle paso aos técnicos contratados por Fenosa.
Paralelamente, os concellos de Arbo e Redondela decidiron solicitar a declaración de zona catastrófica para poder acollerse a unha línea especial de axudas e poder facer fronte aos danos derivados do temporal.
No caso de Redondela, o municipio recupera pouco a pouco a normalidade, tras resultar completamente asolagado polo desbordamento do río Alvedosa
Noutras localidades, como Ponteareas, tampouco descartan sumarse a esta petición de declaración de zona catastrófica
Escribe tu comentario