#Claves de la semana

O Sergas investigará denuncias de abortos sen asistencia na Coruña

Varias mulleres denunciaron que tiveron que abortar sen axuda de especialistas no Hospital Materno da Coruña


|


O Sergas abrirá unha investigación para determinar se existiu algún tipo de irregularidade tras aparecer denuncias de mulleres que aseguraron ter abortado sen asistencia médica no Hospital Materno da Coruña ante casos con malformacións no feto. 


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñece que cando alguén denuncia é "porque non se sente atentido". Asegura que se houbo algún tipo de disfunción dende a Xunta "temos a obriga de investigalo", aínda que defende o bo funcionamento do servizo de saúde galego nestes casos e o "rigor" dos profesionais que traballan nel.


Este mesmo xoves, a presidenta da Asociación do Defensor do Paciente, Carmen Flores, remitiulle un escrito ao fiscal de Galicia solicitando a súa intervención sobre o trato ás mulleres sometidas a abortos euxenésicas no Materno da Coruña. 


Dende esta asociación denuncian o incumprimento dos "protocolos internacionales", asegurando que as mulleres non teñen garantías de "contar cun especialista" nin de poder recibir a epidural. Denuncian que a única alternativa que se ofrece é "desprazarse a Madrid", nunha actitude que califica como "vergonzosa e ruin". 


MANIFESTACIÓN NA CORUÑA


Medio centenar de persoas reuníronse hoxe diante do hospital da Coruña, portando unha pancarta na que se lía: "Mulleres abortando neste hospital sen persoal sanitario, que cese a tortura". Entre os congregados estivo Margarida Corral, da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, que denunciou unha vez máis que as mulleres que abortan no Hospital da Coruña non ten garantía de contar cun especialista. 


Corral asegura que hai casos de mulleres "que se ven obrigadas a parir na mesma habitación de ingreso", provistas dunha "cuña para que elas expulsen o feto". Tamén denuncia que hai outras mulleres que tiveron que interrumpir o seu embarazo "na habitación ou no baño" chegando a ter que coller o feto "coas súas propias mans". 


A voceira da plataforma asegura que a situación responde a "un componente ideolóxico", xa que "as mulleres que paren fetos vivos ten atención, mentres que as mulleres que paren fetos mortos non son atendidos". 





Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE