#Claves de la semana

Os alcaldes do bloque reúnense contra un modelo de financiamento "discriminatorio"

De media, consideran que os municipios galegos reciben 50 euros menos por habitante


|


A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, reuniu este martes á rede de concellos de nacionalistas para debater sobre cuestións como o financiamento local, no que consideran "claramente discriminadas" ás cidades galegas". 


Xunto aos representantes duns 40 municipios, a líder do bloque propuxo unha "alianza" das grandes cidades galegas para reclamar conxuntamente un novo status e así mellorar a súa dotación económica. 


Segundo Pontón, as cidades galegas (segundo a normativa as catro capitais de provincia, Santiago e Vigo) están "discriminadas" con respecto ás do resto do Estado que superan os 500.000 habitantes. Como exemplo especifican que as seis principais galegas, que xuntas suman máis dun millón de habitantes, apenas superan o financiamento que recibe a cidade de Málaga (232,6 millóns fronte a 230). 


Este tipo de datos confirma para os nacionalistas que a "confección do financiamento local discrimina claramente" ás cidades galegas, De media, consideran que os municipios galegos reciben 50 euros menos por habitante (209 fronte a 259 euros), no "país onde máis custa prestar servizos".


Dos fondos que en 2016 suman 11.341 millóns de euros, aos municipios de Galicia correspóndenlle 583 millóns, o que supón o 5,05 por cento, a pesar de que "representa" o 6,24 por cento da poboación total española.


Así, a formación nacionalista impulsará este debate no seo da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), así como tamén buscará un pronunciamiento a favor do Parlamento de Galicia que abarque o financiamento non só das cidades, senón unha mellora para o conxunto dos municipios galegos sobre a base das características de dispersión e envellecemento poboacional.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE