#Claves de la semana

​A Plataforma en Defensa do Ensino trata de parar a reválida de 6º de primaria

Piden o auxilio da Valedora do Pobo e anuncian unha folga estudiantil para o día 13 e unha concentración para o día 20


|


Tralo primeiro paso no Congreso para paralizar a LOMCE, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público recrudece a súa loita para deter a súa aplicación en Galicia, cos ollos postos na reválida de 6º de primaria prevista para finais de maio. 


Este xoves presentou un escrito reclamando que a Valedora do pobo que interceda para paralizar a aplicación da lei en Galicia. Ademais, anuncian unha folga estudantil para o vindeiro 13 de Abril e unha concentración diante da Consellería de Educación para o día 20.


O voceiro da plataforma, Anxo Louzao, pídelle á consellería que paralice a aplicación dunha lei "que ten os días contados", centrándose na inminente reválida que someterá a "un castigo" aos alumnos de 6º de primaria sen aportar "nada á súa educación nin á súa aprendizaxe".


Están convencidos de que paralizar esta proba é o "mellor que se pode facer", sobre todo tendo en conta que segundo denuncian "a día de hoxe aínda non se sabe en que vai consistir". Aseguran que a consellería aínda non lle comunicou aos centros educativos o contido da reválida máis aló da normativa marco e que non habería ningún impedimento para paralizar a súa aplicación.


Aínda así, desconfían de que a consellería cambie a súa actitude, xa que sempre foi "máis papista que o papa", converténdo Galicia na "avanzadilla" dunha aplicación que foi "unha chambonada absoluta". Por iso avanzan que haberá unha folga estudiantil o vindeiro 13 de marzo e unha concentración o día 20 diante da consellería de Educación en Santiago.


Se todo falla, tamén ten previsto boicotear a celebración da reválida, pedíndolle aos pais que non envíen aos nenos aos centros o día das probas. Trátase dunha medida da que xa botaron man o ano pasado no caso da reválida de 3º de primaria e afirman que conseguiron un seguimento de máis do 50%. 

relacionada ​A Plataforma en Defensa do Ensino agradece o "primeiro chanzo" para rematar co "pesadelo" da LOMCE
relacionada El Congreso da el primer paso contra la LOMCE
relacionada Derogar a LOMCE sería unha "irresponsabilidade" para a Xunta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE