#Claves de la semana

​Os gandeiros márchanse "decepcionados" doutra reunión "estéril"

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, garantiu que os prezos "non van ir a peor".


|




Os gandeiros galegos marcháronse "decepcionados" da segunda reunión da Mesa do Sector Lácteo. Óscar Pose, voceiro da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, falou dun encontro "estéril" no que non se aportou "solución ninguhna" para a crise de prezos.


De feito, asegura que se foron "máis preocupados" pola intención da distribución de que volvan as ofertas polo leite "á baixa", cuestión na que se avanzara tras os bloqueos que en decembro protagonizaron os gandeiros en varias cadeas.


Sobre esta posibilidade, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, garantiu que os prezos "non van ir a peor". Apunta que non se reuniron este venres "durante cinco horas para dicir que isto vai ir a peor". "Eles saben que só é un titular, pero iso non é a realidade", sentenciou.


Recoñece que Galicia "sempre está por baixo nos prezos" respecto da media estatal e europea, unha situación á que "hai que poñer coto". Pero tamén chama unha vez máis aos produtores para unirse para traballar na "organización do sector", que é "o labor que teñen que facer os sindicatos". 

relacionada ​Os gandeiros chegarán "ata donde faga falta" para evitar o peche de máis de 3.500 granxas
relacionada Leite Río abandona a recollida de leite en granxas de Ordes e Compostela
relacionada Bruselas presenta medidas "decepcionantes" para o sector leiteiro
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE