#Claves de la semana

O adianto electoral en Galicia "é unha opcion"

Feijóo admite que se plantexa un adianto electoral, aínda que asegura que na súa decisión pesará "o factor da estabilidade"


|



O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu que o adianto electoral en Galicia "é unha opción" que "está enriba da mesa" aínda que asegurou que "o factor da estabilidade" pesará "de forma contundente" na decisión.



"Non sabemos se vai haber eleccións xerais e non me gustaría precipitarme", manifestou o máximo mandatario autonómico nunha entrevista concedida este domingo a El Correo Gallego. 



Preguntado sobre a posibilidade de que se cambie a data dos comicios autonómicos no caso de que se repitan as eleccións xerais, Feijóo lembrou que "Galicia sempre tivo o seu propio calendario de eleccións, o que é compatible con que haxa eleccións noutra comunidade autónoma", como foi nas dúas últimas.



"Comprendo, en todo caso, que os galegos se pregunten se é se é lóxico que sexan chamados ás urnas en xuño e en outubro", apuntou antes de asegurar que o feito de que a oposición aínda non elixise aos seus candidatos á Presidencia da Xunta é unha "circunstancia que non influirá en nada".


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE