#Claves de la semana
ENTRE O 27 E 28 DE MAIO ACOGERÁ O CONSELLO DE COMUNIDADES GALEGAS

O XI Pleno do Consello de Comunidades Autónomas Galegas terá lugar no remozado Centro Galego da Habana (Cuba)

O XI Pleno do Consello de Comunidades Autónomas Galegas celebrarase na Habana entre os días 26 e 29 de maio


|

O Gran Teatro da Habana (Cuba) trala restauración. /Foto cedida por Felipe Cid, director da "Cova Céltiga".

O Gran Teatro da Habana (Cuba) despois da restauración. 


Varios son os nomes polos que pasou o Gran Teatro da Habana (aínda coñecido como Centro Galego), dende a súa orixe trala reunión celebrada en 1879 na sede do Teatro Alarcón (posteriormente Teatro Nacional): Sociedad de Amistade Cubano-Española; Liceo da Habana Vieja; Gran Teatro García Lorca, e dende o primeiro de xaneiro de 2016, Gran Teatro da Habana Alicia Alonso “con carácter excepcional e en recoñecemento aos aportes á cultura cubana e universal”.


O 23 de novembro dese 1879 reuníanse a Soc. Naturales de Galicia e a Sociedade Coral Ecos de Galicia co obxectivo de contruír un Centro Galego de instrucción e recreo “para beneficio de naturais e descendentes de galegos radicados na nosa querida illa de Cuba”, tal como publica a “Cova Céltiga”. En 1902 dase a coñecer o recugalamento interno e trece anos despois, a Asemblea de Apoderados, entre os que se atopaba Ramón Cabanillas, aproba os estatutos.


Vista nocturna do Gran Teatro da Habana (Centro Galego).


Ese monumental edificio de estilo ecléctico, construído e fundado por galegos e descendentes en 1915 “chegou a ter máis de 60.000 asociados en 1959 e moitos foron os eventos históricos escenificados dentro ou nos seus soportais, entre eles a entonación por primeira vez do Himno Galego”, segundo a publicación cubana “Cova Céltiga”.


Despois dun século da súa fundación, esta fermosa instalación foi obxecto dunha completa restauración. Conta agora cun moderno equipamento técnico, coa recuperación de todas as áreas que podan ser utilizadas como salas de exposicións e espectáculos diversos formatos. Ademais foron remozadas lunetas, palcos e balcóns así como a iluminación, tanto interior como exterior.


Interior do Gran Teatro da_Habana

 

Segundo os datos de “Cova Céltiga”, despois de cinco décadas administrado polo aparato estatal, continúan traballando para a comunidade galega no particular e española no xeral, 37 asociacións galaicas”. Ata o punto de que o XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas celebrarase na Habana (Cuba) entre os días 27 e o 28 de maio.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE