Queremos Galego protesta contra a sentenza do TSXG sobre a ordenanza do uso do galego en Lugo

Convoca unha concentración ante a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña 

 

|


A plataforma cidadá Queremos Galego manifestarase este xoves protestanto contra a sentenza do TSXG sobre a ordenanza do uso do galego en Lugo, que "eliminou algúns aspectos "fundamentais" como "o dereito á cidadanía para recibir atención en galego por parte de servizos contratados pola administración a empresas privadas".


Tras a convocatoria que tivo lugar ante o Concello de Lugo o pasado 14 de marzo, Queremos Galego convocou para este xoves, 14 de abril, unha concentración ante a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña contra a sentenza xudicial.


En palabras do presidente da plataforma, Marcos Maceira, o fallo "ataca o uso do galego na administración municipal e nos servizos básicos privatizados" e "é un intento de provocar, por vía xudicial, o retroceso en dereitos lingüísticos que a sociedade galega está a impedir na vía política".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE