#Claves de la semana

​A CUT denuncia o ERE de Citroën

Piden a súa impugnación, entendendo que inclúe excedencias fraudulentas


|


A CUT acaba de denunciar o ERE plantexado por Citroënaceptado pola meirande parte dos sindicatos da factoría. Piden a súa impugnación entendendo que inclúe “excedencias fraudulentas”, claramente “subvencionadas con cartos públicos”.


Segundo indicou o sindicato en declaracións para Galiciapress, o expediente inclúe un tipo de excedencia na que un traballador “pode marchar ao paro durante 24 meses e aos 30 volver a solicitar o reingreso”. Segundo indican, este feito supón un claro “uso fraudulento das prestacións de desemprego” que implica na práctica a posta en marcha de excedencias “subvencionadas con cartos públicos”.


Sospeitan ademais que dende a empresa pretenden utilizar estas excedencias para desprenderse definitivamente de traballadores. “Intentar poñer un caramelo para que a xente se acolla”, para despois propoñerlles reincorporarse en postos diferentes aos que tiñan, que poderían incluso suponer ser “recolocados noutro centro en Francia”.


Ademais, dende a CUT tamén denuncian que a empresa creou unha comisión de seguimento que só inclúe aos sindicatos asinantes (SIT-FSI, UXT e CCOO), deixando fóra aos que “non cederon ao seu chantaxe” (A CIG e a propia CUT). Entenden que esta medida “vulnera o dereito á negociación colectiva”, xa que os deixa na práctica sen implicarse no desenvolvemento do ERE.


DENUNCIA E REACCIÓN DA EMPRESA


Na Cut esperaron ata o último día, presentando a súa denuncia nos xulgados este venres, aínda que previamente xa presentaran unha reclamación ante a inspección de traballo.


Agora ábrese un proceso que non paraliza o ERE, que xa foi aprobado formalmente pola meirande parte dos sindicatos na mesa de negociación.


A empresa podería comezar a extinguir os postos de traballo do ERE, pero segundo a CUT decidiu esperar a que se aclare a situación. Para o sindicato, esta decisión demostra que “a empresa ten medo a que todo o que plantexou non cumpre a legalidade”.


relacionada O ERE extintivo de Citroën incluirá a menores de 50 anos
relacionada Citroën presenta varios ERE que afectarían a máis de 900 traballadores
relacionada Luz verde para os ERE de Citroën
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE