#Claves de la semana

​Chaman á insumisión contra as "reválidas" de primaria

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pídelle aos pais que non envíen aos nenos ás probas previstas pola LOMCE


|




A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público confirmou este mércores que tratará de boicotear as evaluacións de 3º e 6º de primaria previstas pola LOMCE, fixadas para maio esta mesma semana pola Xunta, cunha protesta contra a consellería de Educación que tamén reclamou a paralización da implantación da LOMCE en Galicia e a súa derogación definitiva en Madrid. 


O voceiro da plataforma, Anxo Louzao (Cig-ensino) chama á "insumisión" ás familias nas probas de primaria, pedíndolles que non envíen aos nenos aos centros a realizar ás probas para non sometelos a un "calvario" innecesario. Denuncian que as probas "nada aportan ao proceso de ensino e aprendizaxe" e que en cambio contribúen á imposición dun ensino "clasista e elitista".


Recordan o boicot que xa realizaron hai un ano no caso da evaluación de 3º de primaria, na que segundo eles alcanzaron unha insumisión de máis do 50% dos alumnos nos colexios públicos. Dende a consellería aportan cifras diferentes, considerando que 4 de cada 5 alumnos realizaron as probas. Pero a plataforma considera que estas cifras inclúen os centros privados e concertados, nos que non poden conseguir datos.


En todo caso, confían en poder boicotear as evaluacións deste ano. Fernando Lacaci, presidente da federación de anpas de de compostela, anima deixar aos nenos na casa garantindo que non acarreará ningunha consecuencia. Recoñece que as dificultades de conciliación supoñen unha vantaxe coa que "xoga a consellería", pero aínda así pídelles ás familias que tiren das solucións que atopan en épocas como o verán para evitar someter aos seus fillos ás probas. 

relacionada Educación fixa para maio as evaluacións de 3º e 6º de primaria
relacionada ​A comunidade educativa rebélase contra as evaluacións da LOMCE
relacionada ​Miles de estudantes toman as rúas galegas contra a LOMCE e o 'decreto 3+2'
relacionada El Congreso da el primer paso contra la LOMCE
relacionada Derogar a LOMCE sería unha "irresponsabilidade" para a Xunta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE