Deputados de AGE ratifican a súa aposta pola confluencia
Antón Sánchez pide buscar unha fórmula mellorada con respecto ao modelo de En Marea
Na Alternativa Galega de Esquerda hay deputados procedentes de varias organizacións políticas. Por exemplo, o vicevoceiro Antón Sánchez milita en Anova, mentres que a deputada Eva Solla procede de Esquerda Unida. Pero parecen satisfeitos coa unión, xa que ambos acaban de ratificar a súa aposta pola confluencia para concorrer ás vindeiras eleccións autonómicas.
En concreto, Sánchez pediu buscar unha fórmula mellorada con respecto ao modelo de En Marea, con "máis protagonismo" das mareas muncipais e da cidadanía, facendo "un programa de goberno con medidas realizables", xa que considera "moi necesario o cambio para que este país teña futuro".
Polo que respecta á persoa que debe encabezar a candidatura, Sánchez indicou que o primeiro é "diseñar as políticas", aínda que asegura que hai "un elenco amplo de homes e mulleres que poden afrontar esa responsabilidade". "Aínda non estamos en fase de decidir iso", puntualizou.
Na mesma liña, Eva Solla afirmou que é lóxico que comecen a saír nomes, pero evita pronunciarse sobre ningún argumentando que debe ser valorado "por todos" e elexido de forma "participativa".
Escribe tu comentario