#Claves de la semana

​Feijóo: "Vincular os cartos coa vida dunha persoa é algo moralmente inadmisible"

O presidente presume da xestión galega dos tratamentos de hepatite C. Enfronte, a oposición reclama explicacións polas mortes e os afectados chámano “canalla político” por non pedir desculpas


|


Trala comparecencia do conselleiro, hoxe tocoulle ao propio Alberto Núñez Feijóo o turno de dar contas polos supostos retrasos en tratamentos de hepatite C polos que están investigados dous altos cargos do Sergas. O presidente da Xunta reafirmouse na defensa dos “criterios clínicos” da comisión que autorizaba os tratamentos, asegurando que “vincular os cartos coa vida dunha persoa é algo moralmente inadmisible” e criticando os ataques da oposición preguntándose cómo podían ser acusados de utilizar criterios economicistas cando segundo os seus datos levan tratados “máis de 2800 pacientes” e gastados “máis de 130 millóns de euros” nos pacientes con hepatite C.


“Fixemos todo o que podíamos facer”. “En todo momento primou exclusivamente o interese dos pacientes”, asegurou afirmando que decir que se utilizaran criterios orzamentarios para retrasar tratamentos “é un insulto que eu non podo admitir”.


O presidente da Xunta defendeu a capa e espada a subcomisión que autorizaba os tratamentos dende o 2012 ata a entrada en vigor do Plan Nacional Estratéxico no segundo trimestre de 2015. Así, mantén que o tempo de espera medio dos pacientes era de 13 días. Insiste en que foron autorizados o 99% dos tratamentos e que só se rexeitaron para 13 pacientes que non cumprían cos criterios clínicos. En total, fala de 1137 tratamentos autorizados. Dende que apareceron os novos fármacos, asegura que se autorizaron 339 tratamentos en 2014 e 374 no primeiro trimestre de 2015.


Un gasto total de 130 millóns de euros nos pacientes de hepatite C, “o maior esforzó que nunca fixo o sistema de saúde”, suficiente para poñer en marcha “60 centros de saúde”, que para el demostra que non se utilizaron criterios orzamentarios para asignar os tratamentos. 


INCREDULIDADE DA OPOSICIÓN


O conxunto da oposición amosouse extremadamente crítica cos argumentos do presidente, recriminándolle que non pida desculpas por retrasos que consideran evidentes e que siga apoiando aos cargos investigados.


Antón Sánchez (AGE) reclamoulle en varias ocasións a Feijóo que explicase “qué criterios clínicos explican que houbera pacientes que esperaron 8 meses”, acusando ao presidente de non saber “poñerse na pel das persoas que sufren”.


Xosé Luis Méndez Romeu (PSdG) tamén acusou a Feijóo de non ter “empatía co sufrimento”, lanzándolle o nome dos enfermos falecidos, reafirmándose en que dende a Xunta podían “manipular os datos” pero que seguía habendo “polo menos 6 persoas mortas das que hai que dar explicacións”.


Por último, Francisco Jorquera (BNG) considerou que Feijóo intenta “escudarse nos profesionais para xustificar a súa xestión”, espetándolle que “presumir de ser o campión do déficit ten estas consecuencias”, que “3 persoas morreron sen recibir tratamentos e para outras 3 chegaron tarde”.


“CANALLA POLÍTICO”


O presidente da plataforma de afectados pola hepatite C, Quique Costas, amosouse aínda máis duro que a oposición na súa valoración da comparecencia do presidente.


Lamentou que non tivera pedido desculpas polas súas “desafortunadas” declaración, nas que asegurou que non lle parecía “lóxico” que se vinculase este asunto cos retrasos “por dúas ou tres mortes”, calificándoo como un “canalla político”.


Cuestiona ademais as cifras de gasto do goberno e considera que se foron tratados 374 pacientes durante o primeiro trimestre de 2014 foi precisamente pola presión dos propios afectados. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE