#Claves de la semana

Unha circular aconsella ao persoal do CHUS non incitar aos pacientes a reclamar

A Asociación de Pacientes deste hospital pide a retirada dunha circular de 2009 que se segue utilizando para fixar as citas dos pacientes


|


A Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) acaba de pedir formalmente a retirada dunha circular de 2009 que segundo indican se segue utilizando para fixar as citas dos pacientes, na que se lle indica aos profesionais que non animen aos usuarios a presentar reclamacións.


Trátase do último punto da circular, que aconsella textualmente"non incitar aos pacientes a que reclamen, é un dereito e unha opción persoal de cada cidadán e dende cita previa non se debe promover".


Dende a asociación entenden que esa indicación vulnera o dereito dos pacientes a recibir información, indo ademais en contra das obrigas estatutarias e laborais dos profesionais sobre o proceso asistencial e sobre os servizos dispoñibles.


Consideran que os responsables do centro "procuran evitar que os enfermos exerzan o mínimo dereito a expresar a súa desconformidade cando se exceden amplamente os prazos indicados polos propios especialistas do centro para realizar unha proba ou unha revisión".


Por último, tamén critican pola outro punto da mencionada circular no que se indica que todo paciente que se cite para revisión debe saír do hospital coa cita asignada. Entenden que esta recomendación non se corresponde coa realidade, denunciando que en citas radiolóxicas se lle está dicindo aos pacientes que "será o hospital quen se poña en contacto coa persoa en cuestión para comunicarlle a cita." 


Última hora

4 Comentarios

1

Esto non podé estar pasando,vulneran todo los direitos do paciente

escrito por José 29/abr/16    23:54
2

Esto non podé estar pasando,vulneran todo los direitos do paciente

escrito por José 29/abr/16    23:54
3

Esto non podé estar pasando,vulneran todo los direitos do paciente

escrito por José 29/abr/16    23:54
4

Esto non podé estar pasando,vulneran todo los direitos do paciente

escrito por José 29/abr/16    23:54

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE