#Claves de la semana

A PGDEP eleva a presión contra as "reválidas" de primaria

Concéntranse por toda Galicia, convencidos de que a súa chamada á insumisión triunfará entre a comunidade educativa


|



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público eleva a presión contra as "reválidas" de 3º e 6º de primaria, convocadas para este mes de maio, con concentracións por toda Galicia. Só en Santiago, preto dun cento de persoas xuntáronse protestando contra as probas este mércores, no que tamén houbo concentracións en A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Pontevedra e Ourense. 


Anxo Louzao, voceiro da plataforma, está convencido de que o seu chamamento á insumisión terá un seguimento maioritario entre as familias, que superará incluso o do ano pasado, cando segundo as súas contas conseguiron que máis da metade dos pais galegos non enviaran aos seus fillos a realizar as recén estrenadas probas de 3º de primaria. 


Seguen reclamando a supresión dunhas probas que consideran "unha maquinaria de estratificación social" que pon en tela de xuízo "a evaluación continua", poñendo en cuestión a autoridade do profesorado. 


Sobre a modificación proposta polo Ministerio para a proba final de 4º de ESO (a estrenar en 2017), para que sexan as comunidades as que fixen os contidos, Anxo Louzao amósase escéptico: aínda que "a reválida da ESO" non se deseñe dende Madrid, seguirá tendo que seguir os "contidos fixados polo Ministerio". Por iso non lles parece nin de lonxe suficiente, insisten en pedir a súa supresión xunto co do conxunto da Lomce. 


A protesta deste mércores en Santiago estivo acompañada por unha actuación musical dos coñecidos Mini e Mero. O calendario de mobilizacións continuará  o 9 de maio con concentracións no recreo dos centros escolares e o 11 de maio ante a sede de Educación en Compostela, coincidindo co inicio das probas de diagnóstico. Outras medidas inclúen a colocación de pancartas e carteis nos centros co lema 'Nin Lomce nin reválidas'.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE