#Claves de la semana

​Feijóo promete novas garderías e reformas nos colexios para antes das eleccións

Tamén anuncia unha ampliación do cheque-bebé e compromete coidadores para os nenos enfermos


|


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe unha completa batería de medidas para os nenos e mozos galegos, que segundo dixo estarán financiadas grazas aos fondos adicionais que trouxo consigo o cumprimento do déficit público. 


Entre as medidas anunciadas destaca a posta en marcha de 7 novas garderías para setembro, ademais da reforma e acondicionamento de 372 centros educativos que tamén deberán estar listos para o comezo do curso, que casualmente cae un mes antes das vindeiras eleccións autonómicas. 


Paralelamente, tamén se ampliará a Tarxeta Benvida para os nenos que nazan durante o 2017, dotándoos cunha axuda de 100 euros mensuais ata un total máximo de 1200. Ademais, tamén se creará un novo 'Bono Coidado', financiando coidadores para os nenos enfermos con pais que teñan que ir a traballar. 


Por último, asegura que se duplicarán as becas de inglés, se dará transporte público interurbano metropolitano gratuito para os menores de idade e un incremento nas prazas para investigadores. 


Asegura que estas medidas suporán o gasto dun terzo dos fondos adicionais que trouxo consigo o cumprimento do déficit, o que viu en chamar os fondos do “superávit de responsabilidade”. 


Asegura que “valeu a pena” converter a Galicia na “única comunidade que controlou as súas contas durante os 7 anos de recesión”, xa que agoracomezamos a “recoller” os beneficios.


En canto ao resto dos fondos, sostén que tamén irán destinados a inversións de "futuro" mellorando as condicións da sanidade e dando facilidades ao emprendemento e aos investimentos produtivos.




relacionada Galicia volve de Madrid con 225 millóns de Montoro
relacionada ​Galicia se llevará su premio por cumplir con el déficit
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE