#Claves de la semana

​Convocan unha nova marcha contra a prórroga de ENCE

Tamén pedirá o saneamento integral da ría e protestará contra a "eucaliptización"


|



Unha nova manifestación percorrerá o vindeiro sábado 4 de xuño as rúas de Pontevedra, protestando contra a prórroga de 60 anos para ENCE aprobada polo goberno en funcións de Mariano Rajoy.


A marcha sairá ás 19:30 das alamedas de Marín e Pontevedra baixo o lema 'Móvete pola ría', convocada pola Plataforma 'Ence fóra da ría' coa colaboración da `'Asociación pola Defensa da Ría (APDR)'. Ademais de reclamar o peche da pasteira, a marcha tamén esixirá o "saneamento integral" da ría e protestará contra a "eucaliptización".


O presidente da Federación de Asociacións de Veciños Castelao, Juan Loureiro, presentou este xoves a manifestación recordando que a "vocación" da ría é a "explotación racional dos recursos marisqueiros, da pesca de baixura e do turismo", unha fonte de riqueza "para a que é absolutamente indispensable conseguir uns niveis de calidade das augas que hoxe, por desgraza e por moi diversos motivos, non se está conseguindo".


Neste sentido, o presidente da APDR, Antón Masa, sinalou que son moitas as fontes de contaminación que provocan esta situación, de forma particular a falta dunha depuración idónea das augas residuais de orixe doméstica "e a presenza do complexo Ence-Elnosa".


Aseguran que a recente concesión por parte do goberno en funcións dunha prórroga de 60 anos á empresa Ence na ría "supón un duro golpe ás posibilidades de saneamento da ría e a hipoteca do futuro da comarca".


Convencidos de que mentres a prórroga da concesión non sexa unha decisión firme, "existen posibilidades de revogala", tanto pola vía administrativa como xudicial. Ademais, fai fincapé na mobilización social, como "unha vía tamén fundamental para conseguir que o saneamento integral da ría chegue a bo porto".

relacionada Quentan motores para unha nova mobilización contra ENCE
relacionada O fiscal de Medio Ambiente non ten claro se a prórroga de ENCE podía ser autorizada por un goberno en funcións
relacionada El Congreso reclama anular la prórroga de ENCE
relacionada A Asociación pola Defensa da Ría levará ata os tribunais a loita contra ENCE
relacionada "Canción de amor dende ENCE" dos Poetarras
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE