#Claves de la semana

O PSdeG preguntará no parlamento polas duras acusacións da mineira de Corcoesto

"Ou é certo, e entonces aquí alguén ten que asumir responsabilidades, ou se non é certo ten que presentar unha denuncia"


|



Os socialistas galegos preguntarán este venres no parlamento polas duras acusacións que verte a mineira canadiense Edgewater na súa demanda contra a Xunta de Galicia, adiantada por Galiciapress, na que chega a comparar ao goberno galego co venezolano, denuncia presións para contratar compañías concretas e chega a insinuar que recibiron peticións de subornos por parte de "amigos do presidente".


Alberto Núñez Feijóo xa dixo no seu momento que estas acusacións eran falsas, que eran "calumnias" froito dun "despeito" desproporcionado. Pero para o PSdeG esta resposta no basta: a deputada Marisol Soneira reflexionou en declaracións a este medio que "ou é certo, e entonces aquí alguén ten que asumir responsabilidades, ou se non é certo ten que presentar unha denuncia, a Xunta de Galicia non pode consentir que vaia nadie por ahí decindo esas cousas das nosas institucións".


Por iso levarán o tema á comisión primeira Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do parlamento galego, que se reunirá este venres a partir das 10:30 da mañá, preguntando polas "gravísimas" acusacións do presidente de Edgewater, que "nos compara cunha república bananera" e incluso di que houbo "intentos de soborno".


Consideran que está en xogo "a credibilidade do propio presidente da Xunta", preguntándose se sae gratis "decir as barbaridades que se dixeron" ou se acaso "non son tales barbaridades". Consideran que en todo caso "é certo o que din os directivos de Mineira de Corcoesto de que primeiro se abraza o proxecto cun entusiasmo absolutamente desmedido cando había uns informes que poñían os pelos de punta" e despois "de repente se cae todo, ademais dun día para outro".


"AMIGOS EXTRAÑÍSIMOS"


Os socialistas están convencidos de que este caso "forma parte do mesmo escenario de sempre", xa que temos un presidente "que ten amigos extrañísimos".


Relacionan o caso co da célebre foto con Marcial Dorado ou co "tema Pachi Lucas", asegurando que lles pasaron información de que o conseguidor investigado na Zeta "estivo nas negociacións con Pemex en México pero non sabemos en calidade de qué".

relacionada La minera de Corcoesto cree que se quedó sin oro por no ceder a las “presiones” de la Xunta
relacionada Feijóo achaca las "calumnias" de Edgewater a un "despecho desproporcionado"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE