8.365 euros de indemnización para os senadores da lexislatura máis curta
Ningún dos 14 senadores galegos renunciou á súa indemnización
Deixando aparte por un momento as lóxicas diferencias do debate político, á hora de cobrar puxéronse de acordo todos os senadores galegos. Os 14 representantes de Galicia na cámara alta durante a truncada lexislatura que sucedeu ás eleccións do 20-D cobrarán unha indemnización de nada menos que 8.365 euros.
O caso galego, que inclúe a todos os partidos con representación, non é ningunha excepción. No conxunto de España, dos 194 senadores que tiñan dereito á indemnización tan só renunciaron 13, 10 deles do partido popular.
E dende as cúpulas do partido, resístense a facer comentarios. O único que valorou a medida en Galicia foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que recoñeceu que o cobro destas indemnizacións era "moi opinable", aínda que eludiu a pregunta de qué tería feito el mesmo de ser senador, instando a que lla repetiran se se daba o caso.
Pola súa banda, a deputada de En Marea Yolanda Díaz non quixo xulgar a decisión dos senadores elexidos pola súa coalición aducindo que non tiña datos, aínda que comprometéndose a "responder cando sepa exactamente esta cuestión".
Escribe tu comentario