#Claves de la semana

​Convocan unha folga ante os "incumprimentos" de Ambuibérica

Tras denunciar en varias ocasións horarios excesivos e falta de persoal nas bases de ambulancias


|



Tras varias manifestacións de protesta, a CIG vén de convocar unha folga en todas as bases de Ambuibérica para os días 21 e 23 de xuño, ante os "constantes incumprimentos" dunha empresa que se fixo co servizo de ambulancias en varios puntos da área de Santiago e tamén na Costa da Morte, Vigo e Baixo Miño.


Os traballadores levan tempo denunciando que esta empresa “aproveita” a desregularización do sector “para sacar beneficio”, mantendo bases por debaixo do mínimo esixible de persoal e forzando aos traballadores a traballar moitas máis horas das que lles corresponde.


A convocatoria de folga chega despois de que esta semana houbese negociacións nas que non se chegou a acordo algún, segundo informou o sindicalista da CIG Xabier Aboi. Reclaman a intervención do SERGAS e da Fundación 061 ante o "estado deplorable" das bases e dalgunhas ambulancias e a falta do persoal necesario en cada base, o que redunda nun exceso de horas de traballo.


Segundo o sindicalista, esta empresa non respecta o convenio colectivo e non atende ás demandas sindicais de cumprimento dos horarios, salarios, condicións das bases, desinfección de uniformes, entre outras. Ademais, denunciou que Ambuibérica está a contratar só a traballadores en prácticas que cobran un 60% do salario e que non superan os 900 euros "no mellor dos casos" por unha xornada completa.


AMBUIBÉRICA


Dende a CIG tense amosado moi críticos con Ambuibérica, unha empresa “ligada a un exalcalde do Partido Popularnunha localidade de Castela e León” que segundo segundo indican se caracteriza polos conflictos laboráis. Aseguran que en Castela e León tivo que readmitir traballadores por mor dunha sentenza xudicial e que en Aragón chegou a ser sancionada por emitir partes de transporte falsos en casos de pacientes falecidos.



Sinalan que esta empresa, que ten concesións na área de Santiago e tamén na Costa da Morte, Vigo e Baixo Miño, tamén vai adxudicar boa parte do servizo programado (diálise, altas médicas, traslados,...) que se resolve nos próximos días, cunhas bases "sospechósamente favorables" á súa oferta.


relacionada ​Os traballadores de Ambuibérica seguen loitando por unhas “condicións dignas”
relacionada Ambulancias en loita en Santiago
relacionada Reclaman que el Sergas paralice un concurso de ambulancias
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE