#Claves de la semana

​O PPdeG desexa un novo informe sobre Angrois, pero non no Parlamento

Para Pedro Puy, voceiro dos populares, a comisión de investigación corresponde ao Congreso e non á Cámara autonómica.


|

Pedro puy

O portavoz do Grupo Parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, mostrouse favorable a que o Parlamento de Galicia pida a elaboración dun informe "incontrovertido" sobre as causas do accidente ferroviario ocorrido o 24 de xullo na curva da Grandeira, en Angrois, no que faleceron 80 persoas, pero insiste en que a Cámara autonómica non é o foro adecuado para unha comisión de investigación e rexeita inmiscirse no que ten que facer o Congreso.


A preguntas dos medios de comunicación en rolda de prensa, e despois de que se coñecese o informe encargado pola Comisión Europea sobre a investigación realizada pola CIAF, e que concluíu que non houbera imparcialidade e faltaban por analizar "elementos clave"; Pedro Puy repetiu en varias ocasións que as vítimas "teñen dereito" a contar cun "informe incontrovertido".


Ademais, dixo que este sentir é o do grupo parlamentario co seu presidente á cabeza, Alberto Núñez Feijóo, e negou que haxa un cambio de postura no PPdeG. "Sempre falei que estabamos coa familias", remarcou, antes de aseverar que "o que si é novo" é o informe da Axencia Ferroviaria Europea e o que di dese informe sobre os resultados da CIAF -Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios-.

relacionada ​Las víctimas del Alvia piden verse con Ana Pastor
relacionada ​El abogado del maquinista incorporará a la causa el informe de Bruselas
relacionada ​Las víctimas del Alvia piden la dimisión de Ana Pastor: "nos mintió"
relacionada A investigación de Angrois non foi independente e obviou "elementos clave"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE