#Claves de la semana

​O BNG presenta as bases do seu programa electoral

O seu "país diferente" pasa por unha fiscalidade progresiva, banca púlica, unha tarifa eléctrica propia e máis gasto en I+D+i.


|


Bngprograma


O BNG presentou este sábado as liñas estratéxicas do seu programa para as próximas eleccións galegas, que se sustentan en "10 eixos de actuación prioritarios" e que conforman, segundo indicou a candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, a alternativa "para construír un país diferente".

Estes 10 eixos principais divídense nun total de 33 iniciativas que explicaron os cabezas de lista das catro provincias -- Olaia Rodil, por Lugo; Noa Presas, por Ourense; Luís Bará, por Pontevedra; e Xosé Luís 'Mini' Rivas como segundo pola Coruña -- nun acto de precampaña no que Ana Pontón destacou que hai que ser "optimistas" porque Galicia ten sectores que "permiten producir".

Pola súa banda, os distintos candidatos introduciron aqueles "puntos prioritarios" para a Comunidade, así como a denuncia de "a Galicia que nos deixa o PP". Neste sentido, o cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, destacou a necesidade de realizar un saneamento das rías galegas, así como a anulación da prórroga de 60 anos a Ence na ría de Pontevedra.

Así mesmo, considerou necesario un "novo sistema fiscal", que sexa "máis xusto" e que pase polo incremento progresivo do IRPF, a redución do IVE en produtos culturais e o aumento ata o 35% do mesmo imposto no caso dos artigos de luxo. En definitiva, indicou, "cambiar o papel da Xunta para que deixe de ser unha delegación do goberno do Estado".


"A GALICIA QUE QUEREMOS"

Pola súa banda, a candidata por Lugo, Olaia Rodil, tamén presentou a "necesidade dun espazo galego de comunicación". En concreto, resaltou a importancia de contar con medios de comunicación "propios e públicos" que teñan en conta o respecto dos seus traballadores e que non primen "os intereses propagadísticos e políticos" de determinados partidos.

Nunha esfera máis social, Rodil asegurou que, co BNG, non farán "máis minutos de silencio" por casos de violencia machista, xa que debe existir un compromiso para combatela. Ademais, denunciou que hai que loitar "non só a violencia que afecta as mulleres", senón tamén á que afecta o colectivo LGBTI, para o que apostou por incluír un capítulo de sancións á lei aprobada polo Parlamento galego neste sentido.

Outra das medidas introducidas durante o acto foi a redución da tarifa eléctrica galega xa que, segundo indicou Pontón, Galicia é excedentaria en produción, e deste xeito lograríase "democratizar o uso de enerxía" e, ademais, conseguiríase pagar os custos ambientais da produción.


"PRESIDENTE MEDIOCRE"

Dentro destes 10 eixos contémplanse un total de 33 medidas entre as que destacan, xunto coas anteriores, unha circunscrición única para Galicia, triplicar o orzamento de I+D+i, unha banca pública galega e a mellora do transporte por autovía, entre outras iniciativas.

A candidata á Presidencia da Xunta polo BNG tamén denunciou que o "diagnóstico" destes anos débese a "un presidente mediocre", que "por moita propaganda", fixo "máis danos en sete anos que Fraga en 17", lamentou.

A este respecto, agregou que foi o presidente da liquidación das caixas galegas, o que triplicou a débeda pública, aumentou o paro e o que "máis dano fixo á lingua galega".

relacionada O BNG tantea a súa forza e comeza a precampaña na Quintana
relacionada O BNG aproba as listas electorais para as galegas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE