#Claves de la semana

Feijóo chama ás urnas o 25 de setembro

O presidente da Xunta fai coincidir a cita electoral galega co domingo escollido por Urkullu para o País Vasco: "Non sería serio pola miña banda convocar as galegas unha semana ou algúns días máis tarde".


|

Feijooinfantil


Núñez Feijóo decidiu, finalmente, adiantar as eleccións autonómicas ao 25 de setembro, seguindo os pasos do seu homólogo vasco, Íñigo Urkullu, que anunciou o venres pasado a data.


En rolda de prensa despois dunha reunión extraordinaria do Consello, Feijóo xustificou a súa decisión de que os comicios se desenvolvan esa data porque "se un pide seriedade e responsabilidade e ten o obxectivo de achegar estabilidade ao seu país o consecuente é que as eleccións se fagan coincidir coas eleccións en Euskadi".


"Non sería serio pola miña banda convocar as galegas unha semana ou algúns días máis tarde (...) Só por saírme coa miña de que fosen en outubro ou de que, dado que dixen en outubro, que fosen en outubro", razoou.. 


Hoxe era o día límite para o anuncio, no caso de facer coincidir ambos os dous comicios, pois o DOG ten que publicar a data, como mínimo, 54 días antes. Nas últimas semanas, o presidente da Xunta mostrárase convencido de convocar as eleccións cando correspondía, en torno ao 20 de outubro, sen concretar un domingo. Feijóo declarara que lle gustaría volver coincidir cos comicios vascos, pero Urkullu adiantou a decisión.

relacionada A Feijóo "non lle queda outra" que adiantar as autonómicas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE