#Claves de la semana

Yolanda Díaz dá por feito que Luís Villares vai ser o candidato

A coordinadora de Esquerda Unida mostra a súa "satisfacción" por que Podemos aposte pola alianza con En Marea e agarda que se facilite o acordo.


|

Yolandadiaz

Yolanda Díaz, no centro, nun acto en Ferrol. //Europa Press


A deputada nacional de En Marea, Yolanda Díaz, mostrou a súa "satisfacción" polo resultado da consulta ás bases de Podemos en Galicia, na que venceu a opción de formar alianza coas mareas nas próximas eleccións autonómicas do 25 de setembro.


Díaz trasladou que esta decisión "é moi positiva para este país, para tecer unha gran marea", xa que, ao seu entender, "precisámola todos os homes e mulleres".


A política ferrolá tamén aproveitou unha comparecencia en Ferrol para "dar o parabén aos compañeiros de Podemos", á vez que indicou que "agora hai que facilitar todo o traballo en rede" para poder "dicirlle 'good bye' a Alberto Núñez Feijóo e ás súas políticas de austeridade do Partido Popular".


CANDIDATO A PRESIDENTE


En alusión á procura do candidato de En Marea a presidir a Xunta, e preguntada sobre a posibilidade de que esa persoa sexa o maxistrado Luís Villares, a deputada volveu reiterar que "é unha sorte o contar con el".


"En caso de aceptar ese enorme reto, nós (a confluencia) non podemos obviamente máis que darlle as grazas", engadiu a coordinadora de Esquerda Unida.


Por último, Díaz destacou que Villares é "un home que representa o cambio político, un profesional, con solvencia e que tamén representa unha nova Galicia que temos que construír entre todos". "Vai ser o capitán dun barco no que esperamos que a singradura sexa positiva para Galicia", sentenciou.

relacionada Podemos, a favor da confluencia
relacionada ​En Marea ensina candidato esta semana
relacionada ​En Marea será un partido instrumental, pero deja la puerta abierta a Podemos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE