#Claves de la semana

Ferida grave unha muller ao explotar o líquido usado para retirar un niño de avespas en Bergondo

Os técnicos introduciron o aerosol na cámara da fachada da vivenda, que tivo que ser apuntalada trala explosión.


|

Avispaasiaticavelutina

Avespa asiática.


Unha muller resultou ferida de carácter grave este venres no municipio coruñés de Bergondo pola explosión do material utilizado para a retirada dun niño de avispas velutinas.


Segundo informou o 112 Galicia, a muller resultou ferida de gravidade ao explotar o líquido dun spray que se utilizou para a retirada dun niño de velutinas na súa vivenda. Debido á explosión, tamén se viu afectada unha parte da vivenda, situada no lugar de Gandarío, no termo municipal de Bergondo, segundo indicaron as mesmas fontes.


Foron varios alertantes os que, sobre as 10,20 horas deste venres, pediron axuda ao CAE 112 Galicia. Segundo indicaban, a explosión produciuse despois de que os técnicos introducisen un aerosol nunha das cámaras da fachada do inmoble para proceder á retirada do niño de velutinas.


Tras recibir a alerta dos particulares, o 112 Galicia requiriu a intervención de persoal sanitario, dos Bombeiros de Betanzos, das forzas da orde e de Protección Civil que, apontoaron a parte afectada da vivenda pola explosión.


Unha vez saneado o muro afectado, os bombeiros sinalaron que non había risco para os habitantes da casa. A muller foi trasladada nunha UVI móbil polo persoal sanitario a un centro hospitalario.

relacionada Un muerto y tres heridos tras la explosión de una bombona en Vigo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE