#Claves de la semana

​A CRTVG ofrece un debate a cinco entre os candidatos á Xunta de Galicia

Sería emitido en directo simultaneamente pola Televisión de Galicia e a Radio Galega o luns 12 de setembro en horario de máxima audiencia, e no que participarán "en igualdade de tempos" PP, PSdeG-PSOE, BNG, En Marea e Ciudadanos


|

CRTVGdebate

Imaxe publicada na web da CRTVG


A Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) ofreceulles hoxe aos cinco candidatos que optan á Presidencia da Xunta un debate das "forzas significativas" que se presentan ás eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro


O debate sería emitido en directo e simultaneamente na Televisión de Galicia (TVG) e na Radio Galega (RG) o 12 de setembro en horario de máxima audiencia, ás 21:30 horas.


Segundo trasladou este xoves a compañía, os chamados a participar neste encontro con "igualdade de tempo" son os aspirantes polo PPdeG, PSdeG, BNG, En Marea e Cidadáns.


A CRTVG xustifica esta elección por tratarse das organizacións que xa obtiveron representación nas anteriores eleccións autonómicas e volven presentarse ou que segundo o criterio da Xunta Electoral teñen carácter de "forzas políticas significativas".


Así mesmo, concretou que a cita tería lugar nos estudos da Televisión de Galicia en San Marcos, na capital galega, e convidou no mesmo escrito aos representantes destes grupos para realizar un encontro de traballo previo para negociar os diversos aspectos do debate.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE