#Claves de la semana

​1.400 estudantes fórmanse no estranxeiro en lingua e cultura galegas

A Consellería de Cultura destinará máis de 306.000 euros a renovar a súa colaboración con seis universidades de fóra de Galicia para dar continuidade ao ensino da lingua, literatura e cultura galegas nestas institucións.

 


|

Linguagalegaensinanza


A Consellería de Cultura destinará máis de 306.000 euros a renovar a súa colaboración con seis universidades de fóra de Galicia para dar continuidade ao ensino da lingua, literatura e cultura galegas nestas institucións.


Así o indicou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do Consello da Xunta que deu luz verde a esta renovación, que implica á Universidade de Salamanca, a Uniwersytet Warszawski de Polonia, a Sveuciliste ou Zadru de Croacia e ás alemás Ruprecht-Karls-Universitat Heibelberg, Freie Universitat Berlin e Universitat Leipzig.


Os acordos cubrirán, ademais das actividades de ensino e promoción da lingua propia, a adquisición do material bibliográfico, fonográfico, videográfico, informático e infraestructural necesario para realizar os loros do estribo recollidos no convenio.


Así mesmo, ao amparo dos convenios contratarase a unha persoa lectora de lingua, literatura e cultura galegas, que realizará o seu labor baixo a dirección do responsable do centro de estudos galegos.


A creación dos centros de estudos galegos enmárcase na lei 3/1983 de normalización lingüística, que establece o desenvolvemento das accións necesarias para a difusión da lingua propia de Galicia fóra do seu ámbito territorial. Por outra banda, estes centros responden os obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega fixados no ámbito da proxección exterior. En total, máis de 1.400 estudantes fórmanse no estranxeiro en lingua e cultura galegas.


Os centros de estudos galegos nacen a través de convenios de colaboración subscritos con universidades interesadas en incluír nos seus plans de estudo a lingua, literatura e cultura galegas. A maioría destes centros --27 de 35-- refórzanse coa presenza do profesorado lector que, como complemento á súa actividade formativa, desenvolve labores de docencia, de investigación e de promoción da cultura galega.



relacionada A lingua galega, porta de entrada a unha comunidade de máis de 230 millóns de persoas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE