#Claves de la semana

O PP impugna a lista de En Marea pola provincia de Ourense

Entende que a renuncia que debía realizar o alcalde de Manzaneda para poder ir na candidatura non foi aceptada en prazo polo pleno. Mañá ás 10:30 terá lugar a vista na que cada parte deberá xustificar a súa posición. 


|

Xuntaelectorallistasenmarea

O PPdeG impugnou a lista de En Marea pola provincia de Ourense ao entender que a renuncia que debía realizar o alcalde de Manzaneda para poder ir na candidatura non foi aceptada en prazo polo pleno.


Este venres, ás 10.30 horas, celebrarase unha vista no xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, na que cada parte deberá xustificar a súa posición, e acto seguido ditarase a sentenza.


David Rodríguezque foi o candidato máis votado nas primarias da confluencia, ía como número dous por Ourense, ao ser relegado do primeiro posto para respectar a paridade nos cabezas de lista.


Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o proceso xudicial débese resolver nun máximo de dous días, segundo o artigo 49 da Lei Orgánica Electoral Xeneral.




relacionada En Marea referenda a Villares cun 86,8% dos votos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE