A sentenza de Bruxelas

Manuel Fernando González Iglesias

Justicia europea


O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) acaba de acender a chama das relacións laborais en España ao sentenciar que aos traballadores temporais hai que indemnizalos igual que aos fixos con 20 días por ano traballado. O seu razoamento é impecable e o seu mandato, de "obrigado cumprimento”.


Inmediatamente os sindicatos españois subíronse ao carro da sentenza, botándose uns méritos que non lles corresponden, xa que son eles, precisamente, os que perderon hai tempo a batalla ante o goberno do Estado e da CEOE cando se discutía in situ ese penoso tema.


A resposta dos patróns, de momento, foi como de perfil baixo, o cal vaticina un tsunami que se vai a levar por diante a maior, ou sexa: os 20 días de indemnización para os fixos! O cal resolvería aos empresarios os dous problemas dunha soa tacada e acataría de paso a sentenza do TXUE.


Para entendernos: Se os sindicalistas españois tivesen mantido o prestixio das súas propias siglas tan manchadas en foros como, por exemplo, o dos curso de formación en Andalucía, onde colean case mil millóns de pesetas en desvíos e agasallos vergoñentos, ou na permanencia nos postos de dirección durante demasiados anos de cadros dirixentes xa superados pola realidade social; seguramente hoxe a súa lexitimidade e o seu prestixio estarían intactos e poderían plantarlle cara a calquera goberno que quixese cargarse os convenios ou as indemnizacións por despedimento e non necesitaría que un tribunal de Bruxelas lles salvaran o cu.


Pero cando les fai tan só un par de días que ata o secretario xeral do sindicato que fundou Pablo Iglesias o que ansia é que os militantes do partido que creou Manuel Fraga se afilien ás súas siglas --como antes propiciou que Esquerra Republicana se apropiara do mesmo en Catalunya--, exclamas aquilo de "apaga e vamos" que adoitamos dicir neste país cando algo xa non ten nin remedio nin sentido. Para os mais mozos aclaro que o Pablo Iglesias que cito é o Pablo Iglesias Posse, o Avó, (1850-1925) fundador do PSOE e da UXT, un honrado linotipista nado en Ferrol, cuxas ideas e exemplo, desgraciadamente, esqueceron tanto os dirixentes socialistas como os ‘uxetistas’, e así lles loce o pelo.


Así que déixense os sindicatos de colgarse medallas e recuperen o tempo perdido rexenerándose en profundidade e tratando de recuperar a forza social que tiñan non hai tantos anos, ofrecéndolle aos traballadores ese músculo de poder social que herdaron dos seus fundadores e que deveu en organizacións silentes nas que as pelexas pola cadeira de liberado ou dirixente é o máis importante nas súas pobres vidas.


Sáquense de encima a quen non saiban ou non queiran entender isto e xa verán como non lles fai falta que un tribunal europeo lles dea a razón aos traballadores, porque estes, sinxelamente, xa teñen nas súas relacións laborais os dereitos que lles corresponden.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE