#Claves de la semana

A CIAF terá o informe sobre as causas do sinistro do Porriño "en 6 ou 9 meses"

O ministro de Xustiza e Fomento en funcións, Rafael Catalá, precisou que podería haber un informe preliminar "en dous meses".


|

Rafaelcatala


O ministro de Xustiza e Fomento en funcións, Rafael Catalá, manifestou este xoves que o traballo da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) sobre o descarrilamento dun tren no Porriño (Pontevedra) continúa e que, segundo lle trasladan os "expertos", o informe de conclusións podería estar listo "en 6 ou 9 meses".


En declaracións aos medios antes de participar en Vigo nunha reunión coa Unión Profesional de Galicia, Catalá precisou que esta comisión "non ten un prazo legal" para concluír os seus informes, aínda que, tendo en conta os antecedentes e os prazos noutras investigacións, estima que podería haber un informe preliminar "en dous meses" e as conclusións definitivas "en 6 ou 9 meses".


O ministro en funcións subliñou que o interese do goberno é prestar a "máxima colaboración", tanto á CIAF como ao xulgado de instrución número 2 do Porriño, que investiga as circunstancias do sinistro, no que perderon a vida catro persoas e outras 49 resultaron feridas. Así mesmo, salientou, a administración tamén está centrada en "atender ás vítimas" e ás súas demandas para "paliar as secuelas" do accidente.


Rafael Catalá indicou que, a partir das conclusións de ambas as investigacións, tomaranse medidas para "mellorar o sistema ferroviario" pero, precisou, "o tren é un medio seguro de transporte". Nese sentido, lembrou que, a diario, circulan centenares de convois por España con millóns de viaxeiros.


PASO A NIVEL


Con respecto á reclamación do Concello do Porriño para que se soterre o paso a nivel que existe no centro do pobo, e que está a poucos metros de onde tivo lugar o accidente do pasado 9 de setembro, o ministro pediu "non mesturar" un sinistro que "tivo que ver cun desvío e coa velocidade", con posibles medidas de seguridade dos trazados férreos.


A este respecto, lembrou que Adif ten un programa de supresión de pasos a nivel en toda España e que a administración "segue traballando na mellora da seguridade" nos tramos urbanos das vías ferroviarias. Segundo Catalá, a localidade do Porriño está "integrada" nese programa para a "supresión e automatización" dos pasos a nivel.


O Concello do Porriño convocou, para o próximo 30 de setembro, unha concentración para reclamar o soterramento das vías ao seu paso polo centro da vila. Trátase dunha reivindicación, lembrou o goberno local, que "vén dos anos 60" e que non tivo resposta aínda.



relacionada "No me cabe en la cabeza, si reconoció las dos señales, sabe que tiene que frenar"
relacionada Concentración no Porriño para pedir o soterramento das vías do tren
relacionada ​"Todo apunta a un exceso de velocidade"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE