#Claves de la semana

Baltar pai declara na causa aberta contra o seu fillo

O expresidente da Deputación de Ourense, condenado por prevaricación, acode en calidade de investigado.


|

Joseluisbaltarpumarpai


O expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar, chegou aos xulgados da cidade das Burgas para declarar en calidade de investigado na causa na que se investiga ao seu fillo, Manuel Baltar Blanco, por un suposto delito de tráfico de influencias e suborno por mor da denuncia dunha muller por supostamente ofrecerlle traballo a cambio de sexo.


A declaración de Baltar Pumar, condenado a nove anos de inhabilitación por prevaricación --pola contratación dun centenar de persoas en vésperas do congreso provincial en que lle sucedeu o seu fillo á fronte do partido en Ourense--, foi aprazada o pasado 8 de xuño despois de que as defensas pedisen a suspensión alegando indefensión por descoñecemento da instrución.


O Xulgado número 3 de Ourense fixou no mes de xuño a declaración para este 29 de setembro, ás 11,30 horas. Pouco antes da citación chegou este xoves Baltar Pumar aos xulgados e rexeitou facer declaracións aos medios na súa entrada á sede.

relacionada Se alarga la investigación a Manuel Baltar por el “ofrecimiento” de trabajo a cambio de sexo
relacionada ​Baltar pai, imputado a raíz da denuncia que acusa ao seu fillo de ofrecer traballo a cambio de sexo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE