#Claves de la semana

O Corredor do Morrazo permanecerá parcialmente cortado ao tráfico este sábado

O vindeiro luns realizaranse novas voaduras noutros puntos do trazado que obrigarán a realizar cortes de tráfico puntuais en diferentes momentos do día. 


|

Proyectocorredormorrazo


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda levará a cabo un corte de tráfico no Corredor do Morrazo para acometer traballos de estabilización dun talud inmediatamente anterior ao viaduto da Moura, co obxectivo de garantir a plena seguridade dos usuarios e dos traballadores da obra da Autovía.


Tras as voaduras das semanas pasadas, detectouse nese talud en concreto o terreo reacciona de forma diferente ao inicialmente previsto. Ante esta situación, adoptouse a decisión primeira de acometer de forma preventiva estes traballos de estabilización, que farán necesario cortar o tráfico no corredor.


Buscouse minimizar o efecto no tráfico polo que se decidiu realizar os traballos na xornada do sábado, cando habitualmente menos coches circulan por esa vía, e empezaranse as tarefas á primeira hora, ás 8,00 horas, para terminadas en canto sexa posible, ao redor das 20,00 horas.


Ademais, o vindeiro luns realizaranse novas voaduras noutros puntos do trazado que obrigarán a realizar cortes de tráfico puntuais en diferentes momentos do día. Estes cortes estarán debidamente sinalizados e o tráfico regularase de forma manual.

relacionada Un accidente en el Corredor do Morrazo se cobra una víctima mortal
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE